Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/23-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., saídas Sabón-Rañal.

Situación: Arteixo (A Coruña).

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al. De 1.425 m de lonxitude, con orixe na subestación de Sabón e final no comezo r/ Enerxía, seguida de tramo aéreo, sobre apoios de formigón e conductor LA-110 de 110 m de lonxitude, enlazando con liña existente (polígono Sabón L-3 y L-3) (expediente 29319). De 1.515 m de lonxitude, con orixe na subestación de Sabón e final en C.S. de Zara.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 4 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4559