Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. Arteixo 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Carcasía 1.
Situación: Noia.
Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña Pontenafonso-Noia, tramo C.T. estrada Muros C.T. Tanxil (expediente 52616) e final no C.T. en r/ Carcasía 1, que se vai instalar. Centro de transformación en baixo edificio de vivendas de 400 kVA e tensións de 20/0,380-220 kV en r/ Carcasía 1. Noia.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 4 de maio de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4552