Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/95-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Martiño-Piñeiroa.

Situación: Castro Caldelas.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 612 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 23 da L.M.T. de Sas de Penelas e remate no C.T. aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de San Martiño. R.B.T. aérea do C.T.A. de San Martiño con 1.465 metros en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4564