Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/94-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Avda. de Galicia nº 6.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12720 de 3 (1x240) mm Al, con entrada e saída a C.T., de 2 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Son e final no C.T. en edificio 6 Avda. de Galicia a instalar. Centro de transformación en edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Avda. de Galicia nº 6. Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4497