Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/112-2, 4803 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Ourense, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Milleiros e Estivada.

Situación: Carballedo.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1,027 km a de Milleiros e 0,01 km a de Estivada. Dous centros de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V, cada un. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al; R.Z.-0,6/1 kV-3x25-50-95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Milleiros e Estivada, concello de Carballedo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 5 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4840