Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 1 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/38-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigo 52, 53 e 54 da Lei 54/1997 do sector eléctrico e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sómetese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Enderezo social: Avda. José Antonio 21 A Lama.

Título: L.M.T. Racelo-Casalitoi.

Situación: A Lama.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, dobre circuíto, de 1.312 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios metálicos, desde o centro de protección e reparto de Racelo ata o apoio 5 da L.M.T. Antas-Borraleiro, en Casalitoi, desde onde se separan os circuítos, un cara á Lama-Laxe e outro cara a Antas-Borralleiro. Concello da Lama.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966 de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra 1 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/38-4Provincia: Pontevedra

Liña de media tensión Racelo CasalitoiTermo municipal: A Lama

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiomL-mm

33ValLabradíoHdos. de José A. FrancoLadeira s/n, A Lama15267

4839