Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/33-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Rúa do Ensino.

Situación: Cedeira.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 35 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240 mm) Al que parte da L.M.T. subterránea existente e final no C.T. que se vai construír na Rúa do Ensino de 1.000 kVA a 20.000+2,5-5%/398-230 voltios. Concello de Cedeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4567