Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Casal B-estación bombeo augas (Ferreirós).
Situación: Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 739 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o C.T. existente de Casal B ata o C.T. existente da estación bombeo augas, en Ferreirós, concello de Salvaterra de Miño.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 29 de abril de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
4666