Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Mª Luisa López Gayoso, co último enderezo coñecido en Avda. Carrero Blanco, nº 228, 27002 Lugo, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de seiscentas vinte mil novecentas noventa y nove (620.999) ptas. en concepto de cobro indebido de axuda por ancianidade do Fondo de Asistencia Social de Galicia, segundo expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo do ingreso.

Contra esta resolución poderá interpor, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

-Recurso económico-administrativo perante o tribunal de dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

4595