Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.841

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (42/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 42/1998, que se seguen por lesións en agresión cítase a Luís Posse Vidal para que o próximo día vinteseis de xuño ás 11.30 horas, compareza ante a sala da audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciante baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaerán sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo se é parte ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intenten valerse. E para que así conste e sirva de citación en forma a Luis Posse Vidal en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o dous de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5401