Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.823

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 10 de xuño de 1998 pola que se nomea o director do ente público Portos de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 9.2º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, consonte a nova redacción dada polo artigo 10 da Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión, por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia,

Nomeo a Benito González Aller, director do ente público Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5598