Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 17 de xuño de 1998 Páx. 6.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 15 de xuño de 1998 de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

O Regulamento CEE nº 1610/1989, do Consello do 29 de maio de 1989 establece unha serie de normas de desenvolvemento do Regulamento (CEE) nº 4256/1988 no relativo á acción de desenvolvemento e aproveitamento dos bosques nas zonas rurais da comunidade.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 27.10º e 27.30º do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais, así como para dicta-las normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe.

Neste sentido a Xunta de Galicia elaborou un programa de accións de desenvolvemento e ordenación de bosques nas zonas rurais da Comunidade Autónoma, co fin de consegui-los seguintes obxectivos:

a) Conseguir unha estructura equilibrada de masas arboradas que permita a continuidade do seu adecuado aproveitamento.

b) Mellora-las condicións de conservación da fauna e flora, de regulación do ciclo da auga, e de recarga dos acuíferos.

c) Obter bosques con produccións elevadas que posibiliten o desenvolvemento da industria de transformación da madeira e a consolidación de aproveitamentos complementarios.

Para a aplicación do regulamento citado publicouse o Real decreto 378/1993, do 12 de marzo. Posteriormente publicouse o Decreto 250/1993 do 24 de setembro, da Xunta de Galicia.

A aparición con posterioridade do Real decreto 2086/1994, do 20 de outubro, polo que se modifican determinados preceptos do citado Real decreto 378/1993, supón a alteración dos importes e algúns conceptos das axudas.

O novo Real decreto 152/1996, do 2 de febreiro de 1996, polo que se establece un réxime de axudas para fomentar investimentos forestais en explotacións agrarias e accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques nas zonas rurais, supón a modificación dalgúns preceptos que permitan a execución dos obxectivos previstos, que é preciso ter en conta na presente orde.

Finalmente, a publicación da Orde do 28 de xullo de 1997, sobre axudas para accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques en zonas rurais, do Ministerio de Ambiente, desenvolve o citado Real decreto 152/1996.

O Decreto 350/1997, do 10 de decembro, estructura os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 482/1997, do 30 de decembro, establece a estructura orgánica da

Consellería de Medio Ambiente, que asume, entre outras, as competencias en materia de ordenación, fomento e mellora da producción forestal.

En consecuencia, de acordo co disposto na Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Constitúe o obxecto da presente orde potencia-la a ordenación e mellora das masas forestais existentes, a creación e mellora de viveiros forestais, así como o fomento de programas de sensibilización e divulgación forestal.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O disposto na presente orde será de aplicación para todo o territorio forestal da Comunidade Autónoma.

Artigo 3º.-Actuacións obxecto de axuda e porcentaxes máximos de subvención correspondentes ó investimento aprobado.

1) Proxectos de ordenación, plans técnicos e proxectos de repoboación: ata o 50 por 100.

2) Creación e mellora de viveiros forestais: ata o 40 por 100

3) Coidados culturais do solo (emendas, fertilización), e voo (limpeza, roza, rareos, primeira clara, poda), tratamentos fitosanitarios, e outros traballos silvícolas de mellora: ata o 75 por 100.

4) Construcción, conservación e mellora de vías de saca, devasas e puntos de auga: ata o 75 por 100.

5) Contribuír ós gastos de posta en marcha e xestión das agrupacións de empresarios forestais e silvicultores constituídas co fin de mellora-la súa estructura productiva e as condicións de explotación e comercialización da madeira: ata o 40 por 100.

6) Medidas de sensibilización e divulgación forestal: ata o 40 por 100.

Ás porcentaxes establecidas nos puntos do 2) ó 6) será de aplicación o seguinte:

Cando as axudas estean incluídas nun proxecto de ordenación ou plan técnico do monte, sumaranse outros cinco puntos porcentuais.

Cando se trate de terreos forestais desarborados ou con fracción de cabida cuberta menor do vinte por cento, engadiranse outros cinco puntos porcentuais, se se trata de especies dos anexos II e III.

Artigo 4º.-Solicitantes.

Poderán solicita-las axudas establecidas no presente programa os titulares de explotacións forestais, ben sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado. As empresas de traballos fores

tais poderán solicita-las axudas como cesionarios dun acordo co titular.

Artigo 5º.-Prioridades e criterios de admisibilidade.

1. Prioridades.

Estableceranse como prioridade aqueles traballos relativos a tratamentos silvícolas que teñan como fin a mellora, consolidación e defensa de masas forestais.

En particular, terán especial consideración aqueles montes maiores de 25 ha onde exista un plan de ordenación ou plan técnico de xestión, redactado con criterios de xestión sostible, así como, aqueles traballos forestais que se realicen en espacios naturais protexidos.

2. Criterios de admisibilidade.

Serán de aplicación aqueles criterios de carácter técnico que se adecúen en cada momento ás condicións do medio físico ou climatolóxico ás que estea sometido o espacio da Comunidade Autónoma, ó período vexetativo das plantas ou «tempus» forestal e ás condicións socioeconómicas da realidade rural de acordo cos obxectivos do artigo 17 do Real decreto 152/1996 do 2 de febreiro.

Artigo 6º.-Superficies forestais excluídas.

A superficie mínima de mellora será de 3 ha en couto redondo, excepto devasas ou faixas devasas, con independencia da susperficie total de petición e a superficie máxima de mellora será de 50 ha.

1) Poderá admitirse a solicitude conxunta de dous ou máis propietarios sempre que entre eles reúnan como mínimo tres hectáreas e realicen os traballos cun mesmo criterio. A responsabilidade do bo fin da actuación será esixible ó representante nomeado de mutuo acordo.

2) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de mellora cando o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

3) Os terreos cun proceso de expropiación iniciado non poderán beneficiarse das presentes axudas.

Artigo 7º.-Importes máximos dos investimentos:

1. Plans de ordenación e aproveitamento.

O investimento máximo por hectárea ordenada dependerá da superficie do monte a ordenar conforme a seguinte escala e cun máximo de dous millóns e medio de pesetas.

Menos de 200 hectáreas: 3.130 ptas.

De 200 a 400 hectáreas: 2.610 ptas.

De 401 a 1000 hectáreas: 2.100 ptas.

Máis de 1000 hectáreas: 1.600 ptas.

2. Coidados culturais, tratamentos fitosanitarios e outros: 208.600 pesetas por hectárea.

3. Construcción, conservación e mellora de vías de saca, devasas e puntos de auga:

3.1. Apertura de novas vías de saca: 517.500 pesetas por quilómetro. En terreos accidentados pódese chegar a 1.000.000 de pesetas por quilómetro mediante xustificación en proxecto.

3.2. Acondicionamento de antigas vías de saca: 208.830 pesetas por quilómetro.

3.3. Novas devasas ou faixas devasas: 21.000 pesetas por ha construída.

3.4. Puntos de auga: 104.000 pesetas por punto con capacidade igual ou superior a 50 metros cúbicos. Se é necesaria a construcción de depósito de formigón, a cantidade elevaráae a 522.000 pesetas.

4. Gastos de posta en marcha e xestión das agrupacións de empresarios forestais, propietarios de montes ou silvicultores, para a mellora da estructura productiva: ata 10.400.000 pesetas para programas anuais cun máximo de cinco anos.

5. Programas de sensibilización e divulgación forestal: ata 10.400.000 pesetas para programas anuais cun máximo de cinco anos.

Nestos dous últimos puntos, as cantidades mencionadas poderán ser incrementadas, no caso de poder acollerse ó artigo 16 do Decreto 250/1993 do 24 de setembro, da Xunta de Galicia.

Artigo 8º.-Condicións técnicas dos investimentos.

1. A concesión das axudas está condicionada cando o orzamento aprobado de investimento sexa superior a 1.500.000 pesetas á presentación de proxecto de enxenería asinado polo técnico forestal competente e visado polo correspondente colexio oficial. O dito visado esixirase coa presentación da solicitude.

2. Para orzamentos de investimentos iguais ou inferiores a 1.500.000 pesetas, presentarase unha memoria técnica na que se definan as accións obxecto da axuda, co rigor necesario para garanti-la boa fin das accións, especificándose:

2.1. Obxectivo dos traballos.

2.2. Estado legal.

-Titularidade da superficie e número de parcelas.

-Extensión, límite de actuación e localización.

2.3. Medio físico.

-Características climatolóxicas básicas.

-Vexetación actual e usos do solo.

-Tipo de solo: pedregosidade, profundidade, humidade e fertilidade. Zonas de enchoupamento.

-Topografía: pendentes e orientación.

2.4. Execución dos traballos.

-Método de melloras e descrición dos traballos.

-Cartografía adecuada, cunha escala mínima 1:10.000, e bosquexo detallado de localización do predio e delimitación, dentro deste, dos distintos traballos que se van realizar.

-Xeorreferencia: lonxitude e latitude do centro da parcela. Segundo coordenadas UTM norma HUSO 29.

2.5. Orzamentos.

-Cadro de prezos unitarios.

-Medicións.

-Orzamentos parciais e totais.

3. Para orzamentos aprobados de investimentos superiores a 7.500.000 pesetas será necesaria dirección de obras e certificación final por técnico forestal competente. O nomeamento do director de obra deberá xuntarse coa solicitude, comunicándose con suficiente antelación posibles cambios no dito nomeamento.

4. Os honorarios de elaboración de proxectos e de memorias técnicas que estean asinadas por técnico forestal competente, poderán ser incluíbles nos gastos de mellora, ata un límite máximo do 4% do orzamento de execución material no caso de proxectos, e un 1,5% do orzamento de execución material no caso de memoria técnica asinada por técnico forestal competente, sempre e cando se presente a correspondente factura. No caso de pistas forestais, esixirase sempre proxecto asinado por técnico forestal competente, e subvencionarase como máximo un 2% do orzamento de execución material. Ó incluír estes gastos, non se poderán sobrepasa-los topes máximos fixados no artigo 7. O IVE non é subvencionable.

5. Tódolos proxectos incluirán como cartografía planos oficiais a escala 1:10.000 ou escala superior.

6. Terase en consideración, se procede, o expresado no Real decreto 1627/1997, do 24 de octubro, en materia de seguridade social e saúde laboral.

7. Os proxectos técnicos deberán conte-los datos xeorreferenciados de latitude e lonxitude do centro da superficie obxecto da axuda. Segundo coordenadas UTM norma HUSO 29.

Artigo 9º.-Outras condicións técnicas.

1. Tódolos labores de fertilización deberán realizarse para os efectos da presente orde, con fertilizantes CEE, ou UE, de aplicación localizada e liberación gradual, ben en pastillas ou ben en cápsulas, adaptados ás características edafolóxicas da zona co fin de evita-la contaminación dos acuíferos.

2. Masas forestais nas que se poiden realizar tratamentos de mellora.

En cada zona forestal establecida no anexo V do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, poderán ser obxecto de axuda os tratamentos de mellora en masas coas especies índice e series alternativas sinaladas no anexo VI do citado decreto e ademais estean comprendidas nos anexos desta orde, salvo xustificación singularizada en memoria técnica ou proxecto.

3. As pistas forestais que se realicen deben ter un largo mínimo de plataforma de 3 metros cun máximo de 5 metros e estar dotadas dos bueiros e os foxos necesarios. A densidade máxima de pista que se pode alcanzar con estas axudas será de 40 metros por hectárea, densidade referida á superficie posta en servicio coa pista que deberá ser constatada cuantitativamente e cartograficamente en proxecto ou memoria técnica, salvo xustificación nos ditos documentos. A pendente máxima admisible da rasante será do 12%. Estarán dotadas de apartadoiros suficientes para garantiza-la circulación en ámbolos dous sentidos. Adaptarase o trazado da pista ás formas do contorno natural e evitaranse os noiros con pendentes superiores ó 100%. En ningún caso poderán afectar a grupos de frondosas autóctonas preexistentes.

4. As devasas terán un largo mínimo de 15 metros, con decapaxe ata solo mineral. Admitiranse faixas devasas cun largo mínimo de 6 metros con decapaxe ata solo mineral, sempre e cando, se xustifique a súa necesidade e conveniencia no proxecto ou memoria técnica.

5. Nos puntos de auga que se pretendan instalar, deberá xustificarse a súa necesidade e conveniencia mediante o correspondente informe favorable de idoneidade do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais. En calquera caso deberá mante-lo operativo durante 15 anos e manter o paso franco para tarefas de extinción de incendios.

6. Os tratamentos fitosanitarios en masas forestais afectadas por pragas e outras patoloxías deberán acadar unha superficie mínima de 15 ha formando masa continua, ou grupos menores se estivesen suficientemente illados doutras masas arbóreas. O producto que se emprege nos tratamentos fitocidas será de tipo sistémico e non residual.

7. Os proxectos de ordenación e plans técnicos deberán ser redactados por técnico forestal competente, visados polo correspondente colexio oficial e axustarse ó establecido na Lei de montes do 8 de xuño de 1957 e regulamento para a súa aplicación, así como as ordes ministeriais do 29 de decembro de 1970 e do 29 de xullo de 1971.

Así mesmo, deberán ser aprobados pola Dirección xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

8. As axudas destinadas á creación e mellora de viveiros forestais deberán presentar un proxecto ou unha memoria técnica segundo os requisitos que figuran no punto 1 do artigo 8, mailo conxunto de facturas proforma correspondente ó investimento.

Artigo 10º.-Compromisos.

1. O titular do aproveitamento dos terreos, ou, se é o caso, o cesionario do acordo co titular comprométese a mante-la masa xa mellorada sen cortar durante un mínimo de cinco anos.

2. Nas solicitudes que se refiran a tratamentos fitosanitarios, o peticionario deberá comunicar ós servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais con alomenos 15 días de antelación a data de aplicación do tratamento. No caso de que o tratamento non fose o suficientemente efectivo, o peticionario terá a obriga de repetilo.

3. Os titulares dos viveiros que soliciten axuda comprometeranse mediante declaración xurada a mantelo en producción durante un mínimo de 5 anos a partir da certificación final dos traballos.

Artigo 11º.-Solicitudes, documentación e prazos.

1. As solicitudes das axudas deberán ser presentadas nos modelos formalizados para o efecto, segundo consta no anexo II adxunto, facilitados polos órganos periféricos da Consellería de Medio Ambiente. As ditas solicitudes presentaránse nas oficinas desta, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do precedemento administrativo común e irán dirixidas ó conselleiro de Medio Ambiente.

2. As carátulas, total e correctamente cubertas, deberán ir necesariamente acompañadas da seguinte documentación, que se considera esencial no procedemento:

2.1. En todo caso e para todo tipo de solicitantes:

a) Fotocopia do DNI ou CIF.

b) Memoria técnica ou proxecto, segundo as condicións no artigo 8 da presente orde.

c) Bosquexo ou cartografía de situación dos predios e delimitación dos traballos, con indicación de accesos e estremos.

d) Plano das superficies que se van traballar cunha escala mínima 1:10.000, ou escala mais ampla en forma de planos municipais, catastrais ou calquera outro que permita identificar fidedignamente a situación, supercie, estremos, accesos e demais características dos terreos obxecto de subvención. Datos xeorreferenciais.

e) Certificación bancaria na que figuren os datos da conta a nome do solicitante. A dita certificación

será realizada pola entidade bancaria sobre o impreso de solicitude.

f) Documentación xustificativa da propiedade do terreo.

f.1. En caso de ser titular dos terreos: fotocopia do titulo de propiedade ou declaración baixo a súa responsabilidade de ser titular da propiedade. Na dita declaración (anexo III), farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie, estremos e localización.

f.2. No suposto de que a titularidade da superficie sexa de varios copropietarios, fotocopia dos títulos de propiedade ou declaración baixo a súa responsabilidade da titularidade do terreo asinada por todos e cada un dos condóminos, acompañada de documento no que conste o consentimento destes dando representatividade a un deles ou a un terceiro para solicitar a acción obxecto de subvención.

f.3. No caso de ser arrendatario:

Fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento.

g) Declaración expresa por parte do destinatario de non ter contraída ningunha débeda por ningún concepto coa Xunta de Galicia, así como certificacións xustificativas de estar ó día nas obrigacións fiscais e coa Seguridade Social.

2.2. Documentación complementaria segundo a natureza do solicitante.

a) Comunidades de montes veciñais en man común e outras entidades con personalidade xurídica (SAT, S.A., S.L.,UTM, etc.).

a.1. Certificado de Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común de posuí-los estatutos da comunidade en regra, figurando a composición da xunta rectora actualizada.

a.2. Certificado do acordo tomado en asemblea xeral conforme autorizan o presidente da Comunidade de Montes a solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente para a execución das accións obxecto da solicitude. No caso de figurar como solicitante unha persoa distinta da propia CMVMC presentarase ademais certificado de acordo tomado en asemblea xeral conforme autorizan o solicitante a realiza-los traballos obxecto de subvención, indicando alomenos superficie grupos de árbores e especie.

b) Cando o solicitante non sexa titular do solo ou voo obxecto da axuda, a petición desta será feita polo cesionario do acordo, que poderá ser calquera persoa física ou xurídica, debéndose cubrir neste caso o espacio que para tal fin figura no anexo III bis, e xuntar fotocopia do DNI ou CIF do titular ou representante legal deste.

c) No caso de solicitude conxunta de dous ou máis propietarios para reuni-la superficie mínima requi

rida será necesario cubri-lo anexo IV e xuntalo á documentación presentada.

d) No caso de solicitudes conxuntas, o representante figurará directamente como solicitante e a certificación bancaria será a correspondente ó representante.

3. Soamente poderá presentarse unha solicitude por titular e ano para os terreos que se atopen nun mesmo concello. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

4. Prazos de presentación de solicitudes e de notificacións remate de traballos.

O prazo de presentación de solicitudes para realizar traballos no ano 1999 será de 3 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde.

O derradeiro día para comunica-la a terminación total dos traballos indicarase na correspondente notificación da aprobación.

Artigo 12º.-Tramitación.

1. Unha vez rexistrada a solicitude procederase á revisión da documentación achegada con ela. As solicitudes nas que non figure na carátula o nome, apelidos e enderezo do solicitante, non serán admitidas a trámite, sen posibilidade de emenda. Naquelas solicitudes nas que figure o nome, apelidos, enderezo e sinatura do solicitante, pero carezan do resto da documentación solicitada ou esta non estea correctamente cuberta, seralles requirida a achega e/ou emenda dela no prazo de dez días. Para tal efecto serán expostos ó público no taboleiro de anuncios do Servicio de Montes e Industrias Forestais de cada provincia, as listaxes coas ditas solicitudes, logo da publicación no DOG da data de exposición destas listas. En caso de non seren emendadas as ditas faltas por parte do solicitante, no prazo xa mencionado, a solicitude será arquivada sen máis trámite.

2. Realizarán a inspección previa no campo dúas persoas adscritas á Consellería de Medio Ambiente, co obxecto de comprobaren a viabilidade dos traballos obxecto de subvención, verificaren unidades superficiais e valoraren as actuacións propostas. Unha das persoas deberá ser un técnico, no caso de que o orzamento solicitado de investimento para melloras a cantidade de 1,5 millóns de ptas.

Nos proxectos e memorias técnicas que, unha vez revisados polo persoal facultativo da Dirección Xeral de Montes e MAN conteñan prezos de unidades de obra superiores ós habituais ou non se correspondan co nivel de dificultade real ou non estean debidamente xustificados, na inspección previa será citado

o asinante da memoria ou proxecto. No caso de que non queden fidedignamente demostradas as citadas alteracións, serán devoltos ó solicitante para a súa modificación no prazo non superior a quince días hábiles. No caso de non modificarse nese prazo, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

3. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas, unha vez realizada a inspección previa dos terreos e a proposta da Dirección Xeral de Montes e MAN, de acordo cos termos da presente orde, enviándose notificación de aprobación ós interesados. A subvención non será efectiva ata que o solicitante remita ó Servicio de Montes e Industrias Forestais o documento de recepción da notificación de aprobación e de conformidade cos termos da subvención, debéndose remiti-lo dito documento no prazo de 10 días contados a partir da data da notificación.

4. A Consellería de Medio Ambiente comunicará nun máximo de 90 días a partir da finalización dos prazos de admisión de solicitudes a aprobación e contía das axudas. A falta de comunicación no citado prazo entenderase desestimatoria da petición de axuda, esgotando a vía administrativa e contra a que poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

5. Con carácter xeral, non se admitirán peticións de modificacións dos termos nos que foi aprobada a solicitude, unha vez que o expediente fose aprobado, salvo as que se fundamenten nun erro material ou de feito por parte da Administración. Só se considerará en casos exepcionais a modificación dos traballos aprobados que deberá ser tecnicamente xustificada e esixirá autorización previa do director xeral de Montes e MAN a proposta expresa con memoria xustificativa, dos servicios de montes e Industrias Forestais da provincia que corresponda. En ningún caso se admitirán peticións de modificacións que supoñan un importe de aprobación superior ó orixinal.

6. O director xeral de Monte e Medio Ambiente Natural, logo de proposta expresa con memoria xustificativa do servicio de Montes e Industrias Forestais da provincia correspondente, poderá conceder prórrogas para a execución dos traballos obxecto de suvención. A petición de prórroga por parte do solicitante deberase realizar como mínimo cun mes de antelación á terminación do prazo do remate fixado na notificación das aprobacións.

7. Unha vez comunicado o remate dos traballos, procederán a realiza-la certificación deles dúas persoas adscritas á Consellería de Medio Ambiente, polo menos unha delas distinta das dúas persoas que realizaron a inspección previa do expediente. Unha das persoas deberá ser un técnico, no caso de que o orzamento aprobado de investimento para melloras supere os 1,5 millóns de ptas. Os xustificantes de gastos serán entregados necesariamente xunto coa

comunicación do remate dos traballos. OIVE non é subvencionable.

8. Poderán presentarse proxectos referidos a actuacións en superficies superiores a 50 hectáreas. En ningún caso a superficie que se aprobe en cada ano poderá supera-las 50 hectáreas. Os ditos proxectos poderán ser válidos para a presentación de novas solicitudes de axuda en anos sucesivos. A concesión da dita axuda estará condicionada á correcta execución dos traballos correspondentes ós anos anteriores.

En todo caso os traballos aprobados en cada expediente anual deberán de estar referidos a unidades superficiais completas e coherentes, acompañadas das obras complementarias de infraestructura e defensa correspondentes.

9. A axuda definitiva será a resultante da certificación final realizada polo persoal da Consellería de Medio Ambiente. Se as unidades de obra xa están executadas na súa totalidade conforme o proxecto aprobado, a dita certificación realizarase polo importe de subvención reflectido na carta de aprobación.

10. No caso de que os traballos non se axusten en intensidade de execución ós previstos orixinalmente, ó efectua-la a certificación poderáse modificar á baixa a cantidade aprobada incialmente. Non se certificarán traballos de distinta natureza da dos aprobados, salvo o expresado no apartado 5 deste artigo.

11. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre o pagamento da subvención, que lle será notificado ó interesado.

12. O importe dos gastos de mellora aboaranse, con carácter xeral, nun só pagamento unha vez realizada a correspondente certificación de obra.

13. Poderán realizarse unha ou dúas certificacións parciais de obra cando o orzamento aprobado de investimento sexa superior a 7.500.000 ptas. e sempre referidas a unidades de obra completamente rematadas ou a unidades superficiais totalmente executadas.

14. Poderán tramitarse peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en montes veciñais en man común coa comunidade que teña subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia. Consecuentemente, na petición farase constar se o dito monte está conveniado ou consorciado.

As superficies que se incluirán nestas peticións deberán de ser aquelas nas que non se teña previsto realizar investimentos, por limitacións orzamentarias de fondos propios da Comunidade Autónoma ó abeiro do consorcio ou convenio.

Neste suposto, é necesario un informe técnico de viabilidade e idoneidade das accións propostas cos

plans de xestión do monte, redactado polo servicio provincial de Montes e Industrias Forestais.

Artigo 13º. Comprobacións.

1) Os gastos de execución das accións subvencionadas serán debidamente xustificados polo solicitante, ou ben poderán ser calculados pola Administración mediante a valoración do número de unidades de obra realizadas e os prezos unitarios.

2) Presentaranse facturas detalladas dos traballos realizados, excepto naqueles traballos realizados por medios propios; nestes casos será suficiente a presentación dun certificado emitido polo solicitante, xustificando as unidades de obra realizadas polos ditos medios.

3) A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución de aprobación favorable a ela.

4) En ningún caso poderán iniciarse os traballos antes da inspección previa, salvo autorización expresa dos servicios de Montes e Industrias Forestais.

5) O beneficiario comprométese en todo momento a facilitarlle as tarefas de inspección ó persoal da Consellería de Medio Ambiente en materia relacionada coa presente orde.

Artigo 14º.-Revogacións.

1) A axuda poderá revogarse se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Execución de menos do 40% das accións previstas, referida esta porcentaxe á superficie e/ou orzamento sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

b) Incumprimento do dictado en calquera dos artigos da presente orde que impliquen obriga por parte do solicitante ou do titular.

c) Incumprimento dos prazos para realiza-los traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente.

d) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos na presente orde.

e) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destina-los as axudas a fins distintos ós sinalados na solicitude.

2) Nos casos de revocación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán serlles adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e orde establecida.

3) Os peticionarios dos que a solicitude de axudas fose aprobada e, sen causa xustificada, non realizasen os traballos obxecto dela no prazo e forma

previstos, non poderán obter novas axudas das recollidas no programa rexional para este ou outras predios, durante os cinco anos seguintes a aquel no que rematase o prazo de execución.

Artigo 15º.-Financiamento.

As accións previstas na presente orde financiaraas á Consellería de Medio Ambiente con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.614C.770.0 por un importe de 387.561.265 pesetas.

Artigo 16º.-Condición suspensiva inicial.

A aprobación das solicitudes presentadas ó abeiro desta orde para realizar traballos en 1999 quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos que se aproben para o ano 1999.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas concedidas na presente orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública para as mesmas finalidades.

Segunda.-As solicitudes formuladas ó abeiro da Orde do 13 de maio de 1996, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques nas zonas rurais, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada por falta de crédito, poderán ser tidas en conta ó abeiro da presente orde. A tramitación dos expedientes efectuarase conforme os criterios e requisitos indicados na Orde do 13 de maio de 1996, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques nas zonas rurais. A tramitación destes expedientes continuará a partir do trámite en que se atopen no momento da publicación no DOG da presente orde.

Terceira.-As subvencións someteranse en tódolos os seus extremos ó previsto no artigo 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e o artigo 36.2º c) da Lei 1/1998, do 7 de abril de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998.

Cuarta.-No suposto de que as accións previstas na presente orde non precisen para ser cubertas na súa totalidade o importe total máximo consignado inicialmente para elas, os remanentes de crédito poderán ser utilizados en atender solicitudes presentadas para os efectos establecidos na orde de axudas a medidas forestais na agricultura.

Disposición deradeira

Primeira.-Facúltase o director xeral de montes e Medio Ambiente natural para dictar tódalas dispo

sicións complementarias co obxecto de desenvolve-la presente orde.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1998.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

Anexo I de prezos máximos de melloras e outras actuacións.

(Prezos superiores ós indicados a continuación deberán ser xustificados en proxecto ou memoria técnica asinado por técnico forestal competente salvo o especificado no artigo 7 da presente orde).

1. Ha roza manual mato menor de 1 m de altura: 62.600 ptas.

20. Ha roza manual mato maior de 1 m de altura: 83.500 ptas.

2. Ha roza mecanizada: mato menor de 1 m de altura: 48.000 ptas.

21. Ha roza mecanizada: mato maior de 1 m de altura: 63.700 ptas.

3. Ha de poda baixa (ata 3 metros de altura): 33.400 ptas.

4. Ha de poda alta: 58.400 ptsa.

5. Ha tratamento fitosanitario (para xustificar en memoria ou proxecto acompañado de factura proforma): máx. 10.430 ptas.

22. Ha de tratamento fitocida: 18.000 ptas.

6. Tratamento contra a procesionaria: 7.300 ptas.

7. Tratamento contra a altica: 10.430 ptas.

8. Ha tratamento contra a banda vermella: 7.300 ptas.

10. Ha selección de abrochos con roza: 62.600 ptas.

11. Km pista forestal (apertura): 1.000.000 de ptas.

12. Km. arranxo de pista forestal: 208.830 ptas.

13. Ha construida de devasas ou faixas devasas 21.000 ptas.

14. Ha de conservación de devasas ou faixas devasas: 11.000 ptas.

15. Punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga: 104.000 ptas.

16. Punto de auga con depósito pechado de formigón (4.000 ptas/m): 522.000 ptas.

17. Hectárea de rareo: 62.580 ptas.

18. Fertilización (incluíndo fertilizante e man de obra): 31.300 ptas.

19. Traballos culturais en bosques autóctonos ou grupos selectos: 208.600 ptas./ha.

5719