Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 17 de xuño de 1998 Páx. 6.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 15 de xuño de 1998 de axudas a medidas forestais na agricultura.

O regulamento CEE nº 2080/1992, do Consello, do 30 de xuño, establece un réxime de axudas ás medidas forestais na agricultura.

Este réxime comunitario está destinado a:

-A utilización alternativa das terras agrarias a través da forestación.

-O desenvolvemento de actividades forestais nas explotacións agrarias.

No seu preámbulo considérase que, en moitos casos, as actividades de forestación de terras agrarias poden ser realizadas por particulares que non sexan titulares de explotacións agrarias e que, por conseguinte, convén tomar medidas destinadas a incentivar a esas persoas, que é oportuno, polo tanto, establecer unha prima por hectárea para a súa concesión ós particulares que, sen ser titulares de explotacións agrarias, efectúen tarefas de forestación de terras agrarias.

Ademais, considérase que en numerosas zonas da comunidade a forestación de terras agrarias pode ser efectuada polas autoridades públicas e, especialmente, as locais; por conseguinte, convén apoiar e reforza-las actividades de forestación levadas a cabo por estas autoridades.

Para a aplicación do dito regulamento comunitario e tras publicarse o Real decreto 378/1993, do 12 de marzo, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Secretaría Xeral de Estructuras Agrarias do MAPA subscribiron un convenio destinado ó financiamento de medidas para o fomento de investimentos forestais en explotacións agrarias.

En virtude diso, a Xunta de Galicia por medio do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, aprobou o Programa Rexional de axudas a medidas forestais na agricultura, habilitando no artigo 14 a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dicta-las normas de tramitación das solicitudes que se presentan ó abeiro deste programa.

A publicación do Real decreto 2086/1994, supuxo modificacións do citado Real decreto 378/1993.

Finalmente, o novo Real decreto 152/1996, do 2 de febreiro, polo que se establece un réxime de axudas para fomentar investimentos forestais en explotacions agrarias e accións de desenvolvemento e aproveitamento dos bosques nas zonas rurais, recolle modificacións de algúns preceptos que permitan asegura-la consecución dos obxectivos previstos, en especial en canto ó mantemento das plantacións realizadas, derrogando o Real decreto 378/1993 e o Real decreto 2086/1994. Así mesmo, establece a vixencia do convenio subscrito ó abeiro do disposto no artigo 29 do Real decreto 378/1993, entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data 31 de xullo de 1997, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Comunidade

Autónoma de Galicia asinaron un novo convenio de colaboración, con vixencia ata o ano 2001, para a posta en marcha das Medidas Estructurais de Acompañamento da Política Agraria Común, entre as que se atopa o réxime comunitario de axudas a medidas forestais na agricultura.

Finalmente, o Decreto 482/1997, do 30 de decembro, establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, que é o novo organismo competente para a xestión das axudas a medidas forestais na agricultura.

En consecuencia e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 482/1997, do 30 de decembro e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto das axudas.

Constitúe o obxecto da presente orde a concesión de axudas para o fomento da repoboación forestal de terras agrarias, dotando as novas repoboacións que se realizan ó abeiro da presente orde coas infraestructuras necesarias para garanti-la súa persistencia, así como a mellora de superficies forestais en explotacións agrarias.

Considéranse terras agrarias aquelas que sendo obxecto dalgún aproveitamento agrario regular antes do 31 de xullo de 1992 contribuiran á formación da renda do titular da explotación e sexan susceptibles de forestación. As ditas terras serán as comprendidas nalgún dos apartados seguintes:

1. Terras ocupadas por cultivos herbáceos (terras arables)

2. Barbeitos e outras terras non ocupadas.

3. Hortas familiares.

4. Terras ocupadas por cultivos leñosos.

5. Prados naturais.

6. Pasteiros.

7. Os montes de sobreiras.

8. Monte aberto e soutos, sempre que as copas do arborado non cubran máis do 20 por 100 da superficie e se utilice principalmente para pastoreo.

9. Ermo a pastos.

Ententenderase por aproveitamento agrario regular tanto os usos agrícolas como os usos gandeiros tradicionais que se realizaran nas superficies anteriormente indicadas.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas na presente orde os comprendidos nalgún dos seguintes puntos:

1. Os titulares de explotacións agrarias, sexan estes persoas físicas o xurídicas. Considérase que unha explotación é agraria cando unha parte da súa superficie sexa terra agraria segundo o indicado no artigo 1º.

2. Arrendatario de explotación agraria por período superior a 15 anos o quenda que posibilite o proxecto de repoboación.

3. Calquera persoa física ou xurídica de dereito privado, aínda que no sexan titular de explotación agraria. Estas persoas só poderán solicitar axudas para forestación, melloras e primas de mantemento, pero non primas compensatorias.

4. As entidades locais e as entidades públicas. Estas entidades só poderán solicitar axudas para forestación, melloras e primas de mantemento, pero non primas compensatorias.

5. As agrupacións forestais formadas por titulares de explotacións agrarias, cun mínimo de cinco titulares, non sendo necesario que se constituían con personalidade xurídica, para realizar en común as seguintes actividades forestais:

a)Plantación forestal en superficies agrarias.

b)Mantemento e xestión da plantación.

c) Prevención e extinción de incendios.

d)Tratamentos silvícolas.

e)Calquera outro investimento de natureza forestal.

No caso de novas plantacións, han de realizar en común, polo menos, as actividades previstas nos apartados a), b) e c) do parágrafo anterior. No caso de mellora de plantacións existentes, han de realizar en común as actividades previstas nos apartados c), d) e e) do dito parágrafo.

As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e as Sociedades Agrarias de Transformación terán a consideración de agrupación forestal.

Artigo 3º.-Condicións, tipos, importes e duración das axudas.

1. Gastos de repoboación forestal.

O importe desta axuda virá determinado polo orzamento aprobado da actuación, sen que poida excede-la subvención dos máximos en pesetas por hectárea que se establecen a continuación:

Topes máximos en ptas. por ha:

Titular

individual

Titular

agrupado

Especies do anexo I182.500200.000
Especies do anexo I cun mínimo dos anexos II ou III do:
25%208.600230.000
50%235.000267.000
75%260.500287.000
Especies do anexo I bis75.00075.000
Especies do anexo II na súa totalidade313.000344.000
Especies do anexo III na súa totalidade339.000373.000
Forestación de espacios naturais protexidos de acordo con plan de ordenación, especies dos anexos II ou III417.000459.000

A clasificación das especies nos anexos I, II e III xunto coas porcentaxes de combinación de especies citadas, sempre se entenderá referida ó total da superficie de cada predio obxecto de petición.

As porcentaxes de subvención segundo a superficie de reforestación de cada predio solicitado, de aplicación soamente cando a especie de referencia sexa do anexo I, referidas as ditas porcentaxes ós topes máximos en pesetas por hectárea arriba indicados, serán os seguintes:

-Desde 1 ha ata 2 ha: 50%.

-Entre 2 ha e 3 ha: 75%.

-Máis de 3 ha: 100%.

Estas porcentaxes non se aplicarán nos seguintes casos:

1. Cando se soliciten exclusivamente especies dos anexos II ou III.

2. Cando se solicite carballo americano na súa totalidade o combinado con especies dos anexos II ou III.

3. Cando se trate de cortinas ou barreiras cortaventos.

4. Cando se trate de especies do anexo I bis.

As superficies entre unha e tres hectáreas obxecto de solicitude deberán ser ademais colindantes con superficie forestal de mato, arbustiva ou arbórea, xa existente.

Con obxecto de contribuír á calidade da paisaxe, ó control da erosión eólica e ó mantemento da biodiversidade, terán especial consideración as reforestacións en terreos agrícolas proxectadas co obxectivo de servir de cortinas ou barreiras cortaventos. Para tal efecto entenderanse por tales, plantacións de polo menos 20 metros de anchura que protexan da erosión eólica, os terreos de cultivo inmediatamente adxacentes, efectuadas con especies de frondosas caducifolias, ou combinación destas con ata un 25 % de especies perennifolias, sinaladas cun dobre asterisco nos anexos.

Para as plantacións con eucalipto, soamente será subvencionable a especie Eucaliptus globulus, e, ademais, unicamente naquelas comarcas xeoforestais do Plan Forestal de Galicia, con altitude e profundidade do solo nas que figure o Eucaliptus globulus como especie índice.

Nas solicitudes para plantacións con Eucaliptus globulus ou chopo híbrido de producción, en quendas inferiores a 15 anos, non se poderán aprobar primas de mantemento nin de compensación de rendas e soamente serán aplicables a agricultores a título principal (persoa física o xurídica que obtén polo menos un 50% da súa renda procedente da actividade agraria exercida na súa explotación e que o tempo de traballo adicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total).

Nas solicitudes para plantacións con Eucaliptus globulus ou chopo híbrido de producción, en quendas superiores a 15 anos, poderán aprobarse primas de mantemento e de compensación de rendas.

As plantacións con eucalipto ocuparán como máximo a metade da superficie do conxunto da petición. A outra metade ou resto, en rodal separado, deberá obrigatoriamente reforestarse con outra especie, conífera ou frondosa dos anexos I, II ou III. Estas reforestacións correspondentes á metade ou resto citado, subvencionaranse segundo os topes máximos en pesetas por hectárea, xunto coas porcentaxes de subvención por superficie, xa especificados anteriormente.

Igualmente, quedarán excluídas de reforestación subvencionable con Eucaliptus globulus e o resto das especies do anexo I as áreas de valgade, entendendo como tal, aquela superficie ocupada polo contorno físico inmediato ós cursos permanentes de auga, desde estes ata unha distancia de 30 metros en sentido perpendicular a ambos lados do exe do leito fluvial. As especies que poidan ser atendidas na subvención solicitada nestas áreas de valgada, son as sinaladas cun asterisco no anexo II e o carballo americano.

As plantacións coa especie Pinus pinaster terán distinta consideración segundo a altitude do terreo a reforestar. Será considerada especie do anexo I cando as plantacións se realicen por debaixo dos 600 m de cota. Terá a consideración de especie do anexo II, se a reforestación se efectúa entre os 600 e os 900 m de altitude, e o seu fin principal é a restauración ou a creación de ecosistemas forestais permanentes. Neste caso, é obrigatorio a reforestación de, polo menos un 25 % do total da superficie obxecto dos traballos, con frondosas autóctonas caducifolias. Nesa porcentaxe poderán quedar incluídas as áreas de valgada. Por enriba desta cota dos 900 m no será subvencionable.

Nas zonas de ribeira, entendendo como tales os espacios físicos comprendidos desde as marxes dos leitos fluviais ata unha distancia de 30 metros no sentido perpendicular ós ditos bordos soamente serán subvencionables as especies sinaladas cun asterisco no anexo II e o carballo americano.

2. Prima de mantemento.

Está destinada ó coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada.

Aplicaranse os valores máximos seguintes en pesetas por hectárea:

Titular

individual

Titular

agrupado

Repoboaciones forestais especies anexo I e anexo I bis B25.00030.000
Repoboaciones forestais especies anexos II e III cun máximo do 25% de especies anexo I30.00035.000
Masas forestais especies dos anexos II e III40.00048.000

3. Prima compensatoria.

Ten por obxecto compensa-la perda de renda que se produce por cambio de uso agrícola a uso forestal ós titulares dos aproveitamentos agrarios dos terreos.

Aplicaranse os valores máximos siguintes en pesetas por hectárea:

a) No caso de agricultor a título principal:

Primeiras

25 ha

Resto

superficie

Repoboación con especies anexo I e anexo I bis B23.00020.000
Repoboación con especies anexos II e III cun máximo do 25% de especies anexo I32.00025.000
Repoboación con especies anexos II e III40.00035.000

b) No caso dos restantes titulares de explotacións agrarias:

Primeiras

25 ha

Resto

superficie

Repoboación con especies anexo I e anexo I bis B15.00012.000
Repoboación con especies anexos II e III cun máximo do 25% de especies anexo I20.00015.000
Repoboación con especies anexos II e III25.00020.000

Tipos de superficie agraria.

1. Cultivos herbáceos e pradeiras.

artificiais (terras arables): 100%.

2. Barbeitos e outras terras non ocupadas.

3. Hortos familiares: 100%.

4. Cultivos leñosos: 100%.

5. Prados naturais: 50%.

6. Pasteiros: 20%.

7. Sobreiras:

8. Monte a pastoreo con menos de 20% cobertura arbórea: 10%.

9. Ermo a pastos: 20%.

A prima compensatoria terá unha duración de 20 anos contados a partir do seguinte ó do pago correspondente á certificación final dos traballos de repoboación.

No caso de solicitarse prima compensatoria, esta petición deberá referirse a predios completos, e soamente se admitirá cando o solicitante coincida co titular dos terreos obxecto de subvención, ou ben sexa representante dunha agrupación forestal o solicitude conxunta.

Para as primas compensatorias establécese un máximo anual por beneficiario de 4.200.000 ptas. Cando se trate de explotacións agrupadas o dito máximo pode chegar a 5.250.000 ptas. por explotación individual que se agrupe.

4. Mellora de superficies forestais en explotacións agrarias.

As accións de mellora soamente serán subvencionables naquelas superficies forestais en explotacións agrarias, tanto as existentes como nas de nova creación. En particular e para efectos de prioridade, serán atendidas aquelas que se refiran ó mantemento dos soutos de castiñeiro e ós tratamentos silvícolas

que provoquen o paso a formación boscosa de antigos terreos de pastoreo extensivo, que a partir de 1992, foran abandonados e, consecuentemente, teñan unha rexeneración natural de quercíneas ou outras frondosas en forma de monte bravo.

Aplicaranse os valores máximos que se indican a continuación, desagregados nos prezos máximos de unidades de obra, reflectidos no anexo VI da presente orde.

4.1. Ata 62.600 ptas./ha para realización de traballos silvícolas e tratamentos contra pragas e enfermidades.

4.2. Ata 104.000 ptas. por unidade de punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga. De non existir manancial ou regueiro e ser necesario construír un depósito pechado de formigón, a axuda poderá alcanzar 208.600 ptas.

4.3. Ata 21.000 ptas./ha construída de devasas ou faixa devasas.

4.4. Ata 522.000 ptas./km para construír camiños forestais en terreos xa forestados ó abeiro do Regulamento C.E.E. 2080/1992. Este importe segundo proxecto, en caso de terreos accidentados, poderá alcanzar ata 1.000.000 de ptas./km. sempre que se xustifique adecuadamente no proxecto, incluíndo en todo caso o cálculo do movemento de terras.

4.5. Ata 167.000 pesetas para a rexeneración ou mellora de sobreiras. A criterio do persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente este importe pode chegar a 313.000 pesetas por hectárea.

As axudas indicadas no punto 4.1 non poderán concederse durante o quinquenio de aplicación da prima de mantemento.

Artigo 4º.-Condicións técnicas dos investimentos.

1. A concesión de axudas está condicionada, cando o orzamento de investimento sexa superior a 1.000.000 de pesetas, á presentación dun proxecto de enxeñería asinado por técnico forestal competente e visado polo correspondente colexio oficial. O dito visado, en calquera caso, presentarase no momento de entrega da solicitude. Cando o orzamento de investimento sexa igual ou inferior a 1.000.000 de pesetas será necesaria a presentación dunha memoria técnica, que en caso de que a superficie de actuación sexa inferior a 3 hectáreas poderá estar asinada polo autor; en superficies de actuación superiores ás 3 hectáreas terá que estar asinada a dita memoria técnica por técnico forestal competente. En todo caso, na dita memoria definiranse as accións obxecto da axuda co rigor necesario para garanti-la adecuada metodoloxía das accións.

2. As memorias técnicas descritivas dos traballos deberán conter, como mínimo os seguintes puntos:

2.1. Obxectivo dos traballos.

2.2. Estado legal.

- Titularidade da superficie e número de parcelas.

- Extensión, límite de actuación e localización.

2.3. Medio físico

- Características climatolóxicas básicas:

- Vexetación actual e usos do solo

- Tipo de solo: pedregosidade, profundidade, humidade e fertilidade. Zonas de encharcamento.

- Topografía: pendentes e orientación.

2.4. Execución dos traballos.

- Método de repoboación, de melloras e descrición dos traballos.

- Densidade de plantación e tipo de planta que se vai utilizar.

- Garantía de orixe da planta forestal.

- Accións previstas durante a vixencia da prima de mantemento.

- Cartografía adecuada, cunha escala mínima 1:10.000, e croquis detallado de localización do predio e delimitación, dentro desta, dos distintos traballos a realizar.

- Xeoreferencia: lonxitude e latitude do centro do predio. Segundo coordenadas UTM norma HUSO 29.

2.5. Orzamento.

- Cadro de prezos unitarios.

- Medicións.

- Orzamentos parciais e total.

3. Tódolos proxectos de repoboación e as memorias que se presenten deberán incluír un plan de infraestructuras de defensa do monte que garanta a persistencia da masa creada, ou xustificación de que non é necesario realizalas.

4. Para orzamentos aprobados de investimento superiores a 7.500.000 de pesetas será necesaria dirección de obras e certificación final por técnico forestal competente. O nomeamento do director de obra deberá xuntarse coa solicitude, comunicándose con suficiente antelación posibles cambios no dito nomeamento.

5. Os honorarios de elaboración de proxectos e de memorias técnicas, que estean asinadas por técnico forestal competente, poderanse incluír nos gastos de forestación o/e mellora, ata un límite máximo do 4% do orzamento de execución material no caso de proxectos, e un 1,5% do orzamento de execución material no caso de memoria técnica asinada por técnico forestal competente, sempre e cando se presente a correspondente factura. No caso de pistas forestais, esixirase sempre, proxecto asinado por técnico forestal competente, e subvencionarase como máximo un 2% do orzamento de execución material. Ó incluír estes gastos non se poderán supera-los topes máximos fixados no artigo 3 puntos 1º e 4º. O cálculo do importe subvencionable do proxecto ou da memoria efectuarase pola Administración de maneira independente para forestación e para mello

ras, sen compensación entre ambas actuacións. O IVE non é subvencionable.

6. Tódolos proxectos han de incluír como cartografía planos oficiais a escala 1:10.000, ou escala superior.

7. Para a avaliación e control das repercusións sobre o medio ambiente aplicarase o establecido polo artigo 13 do anexo I do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, segundo o modelo que se xunta nos anexos. Este modelo deberá xuntarse co proxecto ou coa memoria técnica.

8. O traballos lineais mecanizados de preparación do terreo previos á plantación executaranse seguindo curvas de nivel. Se non fose posible pola pendente do terreo deixaranse 2 metros sen alterar cada 12 metros, e dotarase ós buratos de contrapendente.

En calquera caso, nas memorias e proxectos técnicos farase unha especial análise do método de preparación do terreo, xustificando adecuadamente, entre as alternativas posibles, aquela que se elixira, sempre tendo en conta o principio rector na hidroloxía forestal da conservación de solos e control da erosión.

Se a existencia de capas freáticas superficiais ou solos hidromórficos provocan necesidades de drenaxe ou o emprego doutras técnicas ou métodos de preparación do terreo diferentes ós prescritos nos parágrafos anteriores, deberá xustificarse tecnicamente o criterio ou metodoloxía seleccionada.

9. Terase en consideración, se procede, o expresado no Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en materia de seguridade social e saúde.

10. Os proxectos que se presenten deberán incluír un apartado onde se definan os labores mínimas de mantemento e o seu orzamento a realizar en cada un dos 5 anos de vixencia da prima de mantemento, non sendo computables os honorarios correspondentes a este apartado do proxecto.

11. Os proxectos técnicos deberán conte-los datos xeoreferenciados de latitude e lonxitude do centro da superficie obxecto da axuda. Segundo coordenadas UTM norma HUSO 29.

Artigo 5º.-Outras condicións técnicas.

1. As densidades mínimas de plantación salvo xustificación en proxecto ou memoria técnica deberán se-las seguintes:

a) Coníferas: 1.100 plantas/ha 1.600 plantas/ha en zonas protectoras de montaña, situadas nas cabeceiras das cuncas hidrográficas.

b) Chopo híbrido: 250 plantas/ha.

c) Castiñeiro para madeira, nogueira e cerdeira: 625 plantas/ha.

d) Castiñeiro para froito: 250 plantas/ha.

e) Resto frondosas: 800 plantas/ha.

2. Coidados culturais mínimos:

Durante a vixencia da prima de mantemento realizarase obrigatoriamente como mínimo:

a) Eliminación da vexetación de competencia.

b) Reposición de faltas.

c) Podas de formación e de calidade.

d) Fertilización cando o estado da planta o demande.

e) Mantemento das infraestructuras de defensa da repoboación.

Tódolos labores de fertilización en repoboacións deberán realizarse para os efectos da presente orde, con fertilizantes CEE o UE, de aplicación localizada e liberación gradual, ben en pastillas ou ben en cápsulas, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evita-la contaminación dos acuíferos.

3. Especies a utilizar:

En cada zona forestal establecida no anexo V do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies índice e series alternativas sinaladas no anexo VI do citado decreto e que ademais estean comprendidas nos anexos desta orde, salvo xustificación singularizada en memoria técnica ou proxecto, excepto o especificado no artigo 3 para o Eucaliptus globulus.

4. Características da planta a utilizar.

Deberán observa-las normas de calidade exterior dos materiais forestais de reproducción, regulamentadas na Orde de 21 de xaneiro de 1989 do MAPA, así como a Orde de 3 de agosto de 1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Os viveiros e empresas comercializadoras deberán estar dados de alta no correspondente Rexistro Oficial de Productores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, debendo figura-lo seu número nas facturas que emitan, así como a procedencia da planta.

Ademais, para as especies que figuran no artigo 2 puntos I, II, e III da Orde do 3 de agosto de 1994 pola que se regula a comercialización de materiais forestais de reproducción en Galicia, presentarase certificado de procedencia, emitido pola Comunidade Autónoma.

5. As pistas forestais que se realicen, como complemento de infraestructura da reforestación, deben ter un largo mínimo de plataforma de 3 metros cun máximo de 5 metros e estar dotadas das canles e foxos necesarias. A densidade máxima de pista a alcanzar con estas axudas será de 40 metros por hectárea, densidade referida á superficie posta en servicio coa pista que deberá ser constatada cuantitativamente e cartograficamente en proxecto, salvo xustificación no dito documento. A pendente máxima admisible da rasante será do 12 %. Estarán dotadas de apartadoiros suficientes para garanti-la circulación en ámbolos sentidos. Adaptarase o trazado

da pista ás formas do contorno natural e evitaranse noiros con pendentes superiores ó 100%. En ningún caso poderán afectar a rodais de frondosas autóctonas preexistentes.

6. As devasas terán un largo mínimo de 15 metros, con decapado ata solo mineral. Admitiranse faixas devasas cun largo mínimo de 6 metros con decapado ata solo mineral, sempre e cando, se xustifique a súa necesidade e conveniencia no proxecto ou memoria técnica.

7. Nos puntos de auga a instalar deberá xustificarse a súa necesidade e conveniencia, mediante o correspondente informe favorable de idoneidade do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais. En calquera caso deberá manterse operativo durante 15 anos e mante-lo acceso libre para tarefas de extinción de incendios.

8. Os tratamentos fitosanitarios en masas forestais afectadas por pragas e outras patoloxías deberán acadar unha superficie mínima de 25 ha formando masa continua, ou rodais menores se estivesen suficientemente illados doutras masas arbóreas. O producto a empregar nos tratamentos fitocidas será de tipo sistémico e non residual.

Artigo 6º.-Prioridades e criterios.

1. Prioridades.

Aplicarase o criterio establecido no artigo 8 do Real decreto 152/1996, do 2 de febreiro.

2. Criterios de admisibilidade.

Serán de aplicación aqueles criterios de carácter técnico que se adecuen en cada momento ás condicións do medio físico ou climatolóxico ás que estea sometido o espacio da Comunidad Autónoma, o período vexetativo das plantas ou «tempus forestal» e ás condicións socioeconómicas da realidade rural.

En particular, terán especial consideración aqueles montes maiores de 25 ha onde exista un plan de ordenación ou plan técnico de xestión do mesmo, redactado con criterios de xestión sostible.

Artigo 7º.-Superficies agrarias excluídas.

1. A superficie mínima de forestación para os efectos da presente orde será dunha hectárea en couto redondo, con independencia da superficie total da petición e a superficie máxima total da petición será de 50 ha.

Para reforestacións co fin de establecer cortinas cortaventos admitiranse superficies a partir dunha hectárea.

A superficie mínima de mellora de masas forestais existentes en superficies agrarias para os efectos da presente orde será de cinco hectáreas en couto redondo, excepto no caso de devasas e faixas devasas, con independencia da superficie total da petición e a superficie máxima de mellora será de 15 ha, excepto nos casos de soutos de castiñeiros, sobreiras e quercíneas en monte bravo que será de

25 hectáreas; excepto o especificado para tratamentos fitosanitarios.

Poderá admitirse a solicitude conxunta de dous ou máis propietarios sempre que entre eles reúnan unha superficie en couto redondo maior ou igual duhna hectárea no caso de forestación e de cinco hectáreas no caso de mellora de masas forestais e realicen os traballos co mesmo criterio. No caso de reunirse un mínimo de 5 propietarios, esta solicitude conxunta presentarase como agrupación forestal. A responsabilidade do bo fin da actuación será exisible ó representante nomeado de mutuo acordo entre eles.

2. Poderán presentarse proxectos referidos a actuacións en superficies superiores a 50 hectáreas. En ningún caso a superficie a aprobar en cada ano poderá superar as 50 hectáreas. Os ditos proxectos poderán ser válidos para a presentación de novas solicitudes de axuda en anos sucesivos. A concesión da dita axuda estará condicionada á correcta execución dos traballos correspondentes ós anos anteriores.

En todo caso os traballos aprobados en cada expediente anual deberán de estar referidos a unidades superficiais de reforestación completas e coherentes, acompañadas das obras complementarias de infraestructura e defensa correspondentes.

3. Poderán tramitarse peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en Montes Veciñais en Man Común coa Comunidade que teña subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia. Consecuentemente, na petición farase constar se o dito monte esta conveniado ou consorciado.

As superficies a incluír nestas peticións deberán de ser aquelas nas que non se teña previsto realizar investimentos, por limitacións orzamentarias de fondos propios da Comunidade Autónoma ó abeiro do consorcio ou convenio.

Neste suposto, é necesario un informe técnico de viabilidade e idoneidade das accións propostas cos plans de xestión do monte, redactado polo Servicio de Montes e Industrias Forestais.

4. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de repoboación ou mellora en terreos nos que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

5. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presentes axudas.

6. Os rodais de frondosas autóctonas preexistentes nas superficies obxecto de petición, serán inventariados e quedarán excluídas das superficies a reforestar.

7. Están excluídas da aplicación da presente orde aquelas superficies agrarias que non tiveran algún aproveitamento agrario regular antes do 31 de xullo de 1992.

Artigo 8º.-Compromisos.

1. Compromisos de mantemento e conservación:

a) Caso de que o solicitante coincida co titular: o titular comprométese a mante-la repoboación forestal conforme as condicións de certificación e a conserva-la masa creada durante un mínimo de 20 anos (excepto agricultores a título principal en especies de crecemento rápido que poderán aplicar quendas menores), e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais, se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Así mesmo, deberán manterse operativas as súas infraestructuras de acompañamento para defensa da masa.

b) En caso de que o solicitante sexa distinto do titular:

Durante o período de vixencia da prima de mantemento o solicitante comprométese a conservar e mante-la repoboación creada, debendo realiza-los labores mínima indicados no artigo 5º punto 2.

Unha vez transcorrido o período de vixencia da prima de mantemento e ata o final do turno, a responsabilidade de conservación e mantemento da repoboación creada e das súas infraestructuras de acompañamento pasará a ser responsabilidade do titular dos terreos.

No caso de que o solicitante cause baixa o desapareza, a responsabilidade de executar os traballos e de mante-la repoboación xunto coas súas infraestructuras de acompañamento pasará a corresponder ó titular dos terreos. Logo de petición expresa deste, poderase inicia-la tramitación correspondente para que o titular dos terreos pase a figurar como novo solicitante no expediente.

2. Se as superficies forestadas se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular, debendo este cumpri-las condicións esixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

3. No caso de solicitude de melloras selvícolas en masas arboladas existentes en superficies agrarias, o titular comprométese a mante-la masa xa mellorada sen cortar durante un período mínimo de 5 anos.

4. As superficies reforestadas no ámbito desta orde no poderán adicarse a ningún uso agrícola nin gandeiro durante o período no que os beneficiarios se comprometeran a mante-las forestadas. En calquera caso, poderá ser permitida con autorización expresa, a coexistencia de gando cabalar coa masa reforestada con obxecto de controla-la vexetación natural de competencia nunha densidade máxima dunha cabalería por cada 5 ha, sempre que o tamaño das plantas sexa o suficientemente grande para que non poidan resultar danadas.

5. Se con posterioridade á inspección previa e antes da forestación, o terreo fora obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o solicitante deberá comunica lo inmediatamente por escrito ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, con obxecto de adecua-lo proxecto ou memoria técnica á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

6. No caso de abandono, incendio ou destrucción da plantación por calquera causa, suspenderánse tódalas axudas pendentes, ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruida, total ou parcialmente, sen prexuizo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrucción da totalidade ou de parte da plantación.

7. Nas solicitudes que se refiran a tratamentos fitosanitarios e fitocidas, o peticionario deberá comunicar ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, con alomenos 15 días de antelación, a data de aplicación do tratamento. No caso de que o tratamento non fose suficientemente efectivo, o peticionario terá a obriga de repetilo.

8. Unha vez efectuada a preparación do terreo e só en proxectos de reforestación cun orzamento de execución material superior ós 7.500.000 ptas., o solicitante deberá comunicalo por escrito ó Servicio de Montes e I.F. no prazo dunha semana, co obxecto de poder proceder á súa inspección, se é o caso, sen prexuízo das comprobacións que se efectúen nas certificacións parciais ou finais.

Artigo 9º.-Solicitudes, documentación e prazos.

1. As solicitudes das axudas deberán ser cumprimentadas nos modelos formalizados para o efecto, segundo consta no anexo XI adxunto, facilitados polos órganos periféricos da Consellería de Medio Ambiente. As ditas solicitudes presentaranse nas oficinas da mesma, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e irán dirixidas ó conselleiro de Medio Ambiente.

2. As carátulas, total e correctamente cubertas, deberán ir necesariamente acompañadas da seguinte documentación, que se considera esencial no procedemento:

2.1. En todo caso e para todo tipo de solicitantes:

a) Fotocopia do DNI ou CIF.

b) Memoria técnica ou proxecto, segundo as condicións no artigo 4.1º e 4.2º da presente orde.

c) Croquis ou cartografía de situación dos predios e delimitación dos traballos, con indicación de accesos e lindeiros.

d) Plano das superficies a traballar cunha escala mínima 1:10.000, ou escala máis ampla en forma de planos municipais, catastrais o calquera outro

que permita identificar fidedignamente a situación, superficie, lindeiros, accesos e demais características dos terreos obxecto de subvención. Datos xeorreferenciais.

e) Certificación bancaria na que figuren os datos da conta a nome do solicitante. A dita certificación será cuberta pola entidade bancaria sobre o impreso de solicitude.

f) Declaración baixo responsabilidade do titular na que conste que os terreos en que se realizaran os traballos de repoboación ou mellora de superficies forestais obxecto da subvención forman parte dunha explotación agraria que tivo algún aproveitamento agrario regular antes do 31 de xullo de 1992 e contribuiu á formación da renda do titular. Indicarase o tipo de aproveitamento agrario.

g) Documentación xustificativa da propiedade do terreo.

g.1. No caso de ser titular dos terreos: Fotocopia do título de propiedade ou declaración baixo a súa responsabilidade de ser titular da propiedade. Na dita declaración (anexo VIII), farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie, lindeiros e localización delas.

g.2. No suposto de que a titularidade da superficie sexa de varios copropietarios: fotocopia dos títulos de propiedade ou declaración baixo a súa responsabilidade de titularidade do terreo asinada por todos e cada un dos copropietarios, acompañada de documento no que conste o consentimento dos mesmos dando representatividade a un deles ou a un terceiro para solicita-la acción obxecto de subvención.

g.3. No caso de ser arrendatario:

Fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento. Se se tratara dunha repoboación, esta permitiría tal actividade e ser por un período igual o superior ó da quenda de corta da especie ou especies obxecto da repoboación.

h) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter contraída ningunha obriga, por ningún concepto coa Xunta de Galicia, e de estar ó corrente nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

2.2. Documentación complementaria segundo a natureza do solicitante.

a) Persoa física ou xurídica que sexa agricultor a título principal (ATP).

a.1. Fotocopia cotexada da cartilla da Seguridade Social Agraria ou solicitude de alta.

a.2. Xustificación fiscal de ser agricultor a título principal. Nos casos de persoa xurídica presentarase certificación do presidente da dita entidade acreditativa de que a maioría dos seus socios ou compoñentes teñen a condición de ATP.

b) Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e outras entidades con personalidade xurídica (SAT, SA, SL, UTM, etc.).

b.1. Certificado do Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común de posuí os estatutos da comunidade en regra, figurando a composición da xunta rectora actualizada.

b.2. Certificado do acordo tomado en asamblea xeral conforme autorizan o presidente da comunidade de montes a solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente para a execución das accións obxecto da solicitude. No caso de figurar como solicitante unha persoa distinta da propia CMVMC presentarase ademais certificado de acordo tomado en asamblea xeral conforme autorizan o solicitante a realiza-los traballos obxecto de subvención, indicando alomenos superficie, rodais e especie.

b.3. Certificado do Secretario da Comunidade propietaria do MVMC no que conste que non existen aproveitamentos gandeiros na superficie obxecto da forestación e a adquisición do compromiso de mantelo libre de gando durante a quenda da especie a repoboar, excepto o expresado no artigo 8 punto 4.

c) Cando o solicitante no sexa o titular do solo ou voo obxecto da axuda, a petición desta farase polo cesionario do acordo, que poderá ser calquera persoa física ou xurídica, debéndose cubrir neste caso o apartado que a tal fin figura no anexo VIII bis, e xuntar fotocopia do DNI, ou CIF, do titular ou representante legal deste.

d) Agrupacións.

- Acordo constitutivo da agrupación segundo modelo correspondente (anexo IX).

e) En caso de solicitude conxunta de dous ou máis propietarios para reuni-la superficie mínima requirida será necesario cubri-lo anexo XII e xuntalo á documentación presentada.

f) No caso de que o solicitante sexa unha empresa esta terá que presenta-la alta no IAE e acreditar, mediante documentación oficial, que cumpren coas obrigacións tributarias e sociais a que se refire o artigo 79 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

2.3. Outros documentos:

a) No caso de solicitudes para melloras de superficies forestais en explotacións agrarias:

a.1. Fotocopia cotexada da cartilla da Seguridade Social Agraria do titular dos terreos obxecto de subvención.

a.2. Fotocopia cotexada da declaración da renda do exercicio 1996 ou certificado do Ministerio de Economía e Facenda no que se acredite que polo menos o 25% da renda total do titular do terreo procede da actividade agraria exercida na súa explotación.

A documentación indicada nos puntos a.1., e a.2, non se esixirá para as melloras que sexan infraestructuras de acompañamento das novas repoboacións que se realicen ó abeiro da presente orde.

No caso de solicitudes conxuntas ou de agrupacións forestais nas que se nomee un representante, os documentos sinalados nos puntos a.1 e a.2 deberán aportarse por todos e cada un dos interesados. O representante figurará directamente como solicitante.

No caso de agrupacións ou de solicitudes conxuntas, a certificación bancaria será a correspondente ó representante.

b) No caso de solicitantes de prima compensatoria será necesario que estes presenten:

b.1. Fotocopia cotexada da cartilla da Seguridade Social Agraria.

b.2. Declaración baixo a súa responsabilidade de non estar acollido ó cesamento anticipado da actividade agraria.

b.3. Certificación do organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do aproveitamento agrario actual dos predios obxecto de repoboación no que se indique a existencia de perda da renda polo cambio a uso forestal.

Ademais, deberán cubri-lo anexo X cos predios afectados e engadilo á solicitude.

c) No caso de solicitudes de repoboación con especies de crecemento rápido, explotadas en quendas maiores de quince anos:

Declaración baixo a súa responsabilidade na que se faga consta-lo compromiso do mantemento da masa nesa quenda.

3. Soamente poderá presentarse unha solicitude por titular e ano para os terreos que se atopen nun mesmo concello. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

4. Prazos de presentación de solicitudes e de notificacións remate de traballos.

O prazo de presentación de solicitudes para realizar traballos no ano 1999 será de 3 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde.

O derradeiro día para comunica-la terminación total dos traballos obxecto da axuda indicarase na correspondente notificación de aprobación.

Artigo 10º.-Tramitación.

1. Unha vez rexistrada a solicitude procederase á revisión da documentación aportada nela. As solicitudes que non leven na carátula o nome, apelidos e dirección do solicitante, non serán admitidas a trámite, sen posibilidade de emenda. Naquelas solicitudes nas que figure o nome, apelidos, dirección e sinatura do solicitante, pero carezan do resto da documentación solicitada, ou esta non estea correctamente cuberta, seralles requirida a aportación e/ou

emenda da mesma nun prazo de 10 días. Para tal efecto serán expostos ó público no taboleiro de anuncios do Servicio de Montes e Industrias Forestais de cada provincia, os listados coas ditas solicitudes, logo de publicación no DOG da data de exposición destas listas. No caso de non emendarse as ditas faltas, por parte do solicitante, no prazo xa mencionado, a solicitude será arquivada sen máis trámite.

2. Realizarase a inspección previa no campo por dúas persoas adscritas á Consellería de Medio Ambiente, co obxecto de comproba-la viabilidade dos traballos obxecto de subvención, verificar unidades superficiais e valora-las actuacións propostas. Unha das persoas deberá ser un técnico, en caso de que o orzamento solicitado de investimento para forestación ou/e melloras supere a cantidade de 1,5 millones de ptas.

Nos proxectos e memorias técnicas que, unha vez revisados polo persoal facultativo da Dirección Xeral de Montes e MAN conteñan prezos de unidades de obra superiores ós habituais, ou non se correspondan co nivel de dificultade real, ou non estean debidamente xustificados, será citado o asinante da memoria técnica ou proxecto, para que estea presente na inspección previa. En caso de que non queden fidedignamente demostradas as citadas alteracións, serán devoltos ó solicitante, para a súa modificación no prazo non superior a quince días hábiles. En caso de non reformarse nese prazo, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

3. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas, una vez realizada a inspección previa dos terreos e a proposta da Dirección Xeral de Montes e MAN, de acordo cos termos da presente orde, enviándose notificación de aprobación ós interesados. A subvención non será efectiva ata que o solicitante remita ó Servicio de Montes e Industrias Forestais o documento de recepción da notificación de aprobación e de conformidade cos termos da subvención, debéndose remiti-lo dito documento no prazo de 10 días contados a partir da data na que se produza a notificación. Entenderase, en caso contrario, que o solicitante renuncia á axuda solicitada.

4. A Consellería de Medio Ambiente comunicará nun máximo de 90 días a partir da finalización dos prazos de admisión de solicitudes a aprobación e contía das axudas. A falta de comunicación no citado prazo entenderase desestimatoria da petición de axuda, esgotando a vía administrativa e contra a que poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia.

5. Con carácter xeral, non se admitirán peticións de modificación dos termos nos que foi aprobada a solicitude, unha vez que o expediente fose aprobado, salvo as que se fundamenten nun erro material ou de feito por parte da Administración. Só se considerará, en casos excepcionais, a modificación dos

traballos aprobados, que deberá ser tecnicamente xustificada e esixirá autorización previa do director xeral de Montes e MAN, a proposta expresa, con memoria xustificativa, do Servicio de Montes e Industrias Forestais da provincia que corresponda. En ningún caso se admitirán peticións de modificación que supoñan un importe de aprobación superior ó orixinal.

6. O director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, logo de proposta expresa con memoria xustificativa do Servicio de Montes e Industrias Forestais da provincia correspondente, poderá conceder prórrogas para a execución dos traballos obxecto de subvención. A petición de prórroga por parte do solicitante deberase realizar como mínimo cun mes de antelación á terminación do prazo de remate fixado na notificación da aprobación.

7. Unha vez comunicado o remate dos traballos, procederase a realiza-la certificación deles por dúas persoas adscritas á Consellería de Medio Ambiente, alomenos unha delas distinta das dúas persoas que realizaron a inspección previa do expediente. Unha das persoas deberá ser un técnico, en caso de que o orzamento aprobado de investimento para forestación ou/e melloras supere os 1,5 millóns de ptas. Os xustificantes de gastos serán entregados necesariamente xunto coa comunicación do remate dos traballos. O IVE non é subvencionable.

8. A axuda definitiva será a resultante da certificación final realizada polo persoal adscrito á Consellería de Medio Ambiente. Se as unidades de obra foron executadas na súa totalidade conforme o proxecto aprobado, da ita certificación realizarase polo importe de subvención reflectido na carta de aprobación.

9. En caso de que os traballos non se axusten en intensidade de execución ós previstos orixinalmemte, ó efectua-la certificación, poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente. Non se certificarán traballos de distinta natureza, á dos traballos aprobados, salvo o expresado no apartado 5º deste artigo.

10. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre o pagamento da subvención, que lle será notificada ó interesado.

11. O importe dos gastos de forestación aboaranse, con carácter xeral, nun só pago, unha vez realizada a correspondente certificación de obra.

12. Poderán realizarse unha ou dúas certificacións parciais de obra cando o orzamento aprobado de investimetno sexa superior a 7.500.000 ptas. e sempre referidas a unidades de obra completamente rematadas ou a unidades superficiais totalmente executadas.

13. Pagamento das primas de mantemento.

a) Os importes correspondentes ás primas de mantemento poderán ser aboados a partir do ano seguinte

ó que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación e ata o ano sexto da mesma sempre e cando se axusten ó disposto no artigo 4 punto 10º. Por petición do solicitante, poderanse uni-lo pagamentos de varias anualidades, ata un máximo de 3 anualidades, cando fosen agrupados os traballos do plan de mantemento por razóns de índole técnica, investidora, meteorolóxica ou outros fenómenos naturais que así o xustifiquen. Non se poderá percibir unha nova prima de mantemento ata que transcorresen os anos correspondentes ó abonamento das primas acumuladas.

b) Os pagamento correspondentes ás primas de mantemento dos expedientes solicitados ó abeiro da presente orde, efectuaranse, logo de petición expresa do solicitante, segundo modelo que figura no anexo VII e como consecuencia de executar correctamente os traballos relativos ó coidado da masa creada. Esta petición efectuarase antes do 15 de octubro de cada anualidade correspondente ó período de vixencia da dita prima.

14. Pagos das primas compensatorias.

a) Os importes correspondentes ás primas compensatorias serán aboados nos anos 2º, 3º e sucesivos ata o ano 21º.

b) A tramitación das primas compensatorias queda condicionada a que a repoboación forestal presente unha espesura acorde coa idade e o seu estado vexetativo sexa o adecuado para garanti-la súa continuidade.

Artigo 11º.-Comprobacións.

1. Os gastos de execución das accións subvencionadas serán debidamente xustificados polo solicitante, ou ben poderán ser calculados pola Administración mediante a valoración do número de unidades de obra realizadas e os prezos unitarios.

2. Presentaranse facturas detalladas de tódolos traballos realizados,e particularmente da planta utilizada e dos fertilizantes empregados, non sendo necesario nos seguintes casos:

a) Naqueles traballos realizados por medios propios; neste caso, será suficiente a presentación duna declaración responsable emitida polo solicitante, xustificando as unidades de obra realizadas cos ditos medios.

b) Se o solicitante da axuda é o productor da planta empregada na repoboación; neste caso, será suficiente a presentación dun certificado de prezos emitido de conformidade cos de mercado polo responsable de contabilidade do productor, no que non se fará constar que a planta procede do seu viveiro e acompañarase, se é o caso, da certificación administrativa da procedencia da planta, segundo se regula no artigo 5 punto 4º.

3. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución de aprobación favorable a ela.

4. En ningún caso poderán iniciarse os traballos antes da inspección previa.

5. O beneficiario comprométese en todo momento a facilita-las tarefas de inspección ó persoal adscrito á Consellería de Medio Ambiente nas materias relacionadas coa presente orde.

Artigo 12º.-Revogacións.

1. A axuda poderá revogarse, logo de tramitación do oportuno expediente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Incumprimento do dictado en calquera dos artigos da presente orde que impliquen obrigacións por parte do solicitante ou do titular.

b) Execución de menos do 40% das accións previstas, referida esta porcentaxe a investimento e/ou superficie, sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior. No caso de que a superficie aprobada fose a superficie mínima, deberanse executa-las accións previstas na súa totalidade.

c) Incumprimento dos prazos para realiza-los traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou se é o caso da prórroga concedida.

d) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos do Decreto 250/1993, de 24 de setembro.

e) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar o falsear datos ou destina-las axudas a fins distintos ós sinalados na solicitude.

2. Nestes casos procederase ó reintegro da axuda percibida e dos xuros de demora de acordo co disposto na Lei de réxime financieiro e orzamentario de Galicia.

3. Nos casos de revogación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios, de acordo coa relación de prioridades, criterios e orde establecida.

4. Os peticionarios ós que a solicitude de axudas lles fose aprobada e, sen causa xustificada, non realizasen os traballos obxecto da mesma no prazo e forma previstos, non poderán obter novas axudas, con cargo á aplicación desta orde en Galicia, para o mesmo ou outros predios, durante os cinco anos seguintes a aquél en que rematase o prazo de execución.

Artigo 13º.-Financiamento.

As accións previstas na presente orde financiaranse, no exercicio do ano 1998, con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.614-C 770.0 por un importe de 74.498.357 pesetas dos que 9.312.294

pesetas corresponden a fondos propios da Comunidade Autónoma, 9.312.294 pesetas corresponden a fondos MAPA e 55.873.769 pesetas a FEOGA-GARANTÍA.

Os referidos fondos poderán ser suplementados ou complementados con outros procedentes do Estado ou de fondos comunitarios.

Artigo 14º.-Condición suspensiva inicial.

A aprobación das solicitudes presentadas ó abeiro desta orde, para realizar e rematar taballos en 1999, quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos que se aproben para ese ano.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas concedidas na presente orde son incompatibles con outras subvenciones de calquera Administración pública para as mesmas finalidades.

Segunda.-As solicitudes formuladas ó abeiro da Orde do 8 de maio de 1996, de axudas a medidas forestais na agricultura, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada por falta de crédito, poderán ser tidas en conta ó abeiro da presente orde. A tramitación dos expedientes efectuarase conforme os criterios e requisitos indicados na Orde do 8 de maio de 1996, de axudas a medidas forestais na agricultura. A tramitación destes expedientes continuará a partir do trámite no que se atopen no momento da publicación no DOG da presente orde.

Terceira.-Normativamente, as subvenciones someteranse en tódolos seus extremos ó previsto no artigo 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e o artigo 36.2º.c da Lei 1/1998, do 7 de abril, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998.

Cuarta.-No suposto de que as accións previstas na presente orde non precisen para ser cubertas na súa totalidade o importe total máximo consignado inicialmente para elas, os remanentes de crédito poderán ser utilizados en atender solicitudes presentadas para os efectos establecidos na orde de axudas a accións de desenvolvemento dos bosques nas zonas rurais.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dictar tódalas disposicións complementarias co obxecto de desenvolve-la presente orde.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1998.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

5718