Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.713

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de SPI-Galicia, S.A.

BASES DA CONVOCATORIA

En cumprimiento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

O presidente da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. acorda convocar probas selectivas para o ingreso no seu cadro de personal laboral fixo de acordo coas seguintes bases da convocatoria:

1. Normas xerais.

1.1 Convócanse probas selectivas para cubrir oito prazas polo sistema xeral de concurso oposición (base 6).

1.2. O sistema de selección será o concurso-oposición, cos exercicios, probas, sistema de cualificación, temario, baremo e relación de méritos que se especifican nas bases da convocatoria.

1.3. A adxudicación da praza ó aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por este ó longo de todo o proceso.

1.4. O primeiro exercicio da oposición realizarase transcorrido un mes desde a publicación da presente convocatoria, publicándose a data deste exercicio así como dos seguintes no taboleiro de anuncios da SPI Galicia, S.A.

1.5. O aspirante ó que lle sexa adxudicada a praza será contratado en réxime laboral fixo cunha duración indefinida, publicando a comisión na sede de SPI Galicia, S.A. a relación nominal dos aspirantes que superaron o proceso.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Requisitos mínimos xerais dos candidatos.

a) Ter cumpridos os dezaoito anos.

b) Estar en posesión da titulación esixida para cada praza.

c) Non padecer limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

d) Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude do expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.2. Requisitos mínimos específicos dos candidatos.

2.2.1 Administrativo.

-Título mínimo esixido: FP 2º grao rama administrativa, bacharelato superior.

2.2.2.Técnico económico-financiero.

-Título mínimo esixido: licenciatura en ciencias económicas ou empresariais.

2.2.3. Técnicos edificación.

-Título mínimo esixido: arquitecto técnico.

2.2.4. Técnico obra civil.

-Título mínimo esixido: enxeñería superior de camiños ou agrónoma.

2.2.5. Técnico supervisión obra civil.

-Título mínimo esixido: enxeñería superior de camiños.

2.2.6. Técnico supervisión edificación I.

-Título mínimo esixido: arquitectura superior.

2.2.7. Técnico supervisión edificación II.

-Título mínimo esixido: arquitecto técnico.

2.3. Tódolos requisitos, xerais e específicos, deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de incorporarse a ocupa-la praza logo do asinamento do correspondente contrato.

3. Solicitudes.

3.1 Forma.

Quen desexe tomar parte nas probas de selección deberá presentar solicitude, en instancia axustada ó modelo que figura como anexo I da presente resolución, xuntando ademais:

-Fotocopia del DNI.

-Documentos acreditativos dos requisitos mínimos xerais e específicos.

-Documentos acreditativos dos méritos que se aleguen para a fase de concurso, ben orixinal ou fotocopia compulsada.

-Experiencia laboral acreditada con historia de vida laboral da Seguridade Social, ben orixinais ou fotocopias compulsadas.

Cada candidato só poderá optar a unha das prazas convocadas, debendo indica-lo grupo ó que opta; a omisión deste requisito será motivo de anulación da solicitude ou solicitudes presentadas.

3.2 Destinatario, lugar de presentación e prazo.

As solicitudes serán dirixidas ó presidente de SPI Galicia e presentadas na praza de Europa, 10 A-5º piso, código postal 15703, Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de dez días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Os que opten pola modalidade de presentalas nas oficinas de correos deberán comunicar á sociedade telegraficamente a remisión da solicitude.

4. Admisión dos aspirantes.

No prazo de cinco días naturais contados a partir da finalización do prazo de presentación de instancias, publicarase a lista de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios da SPI Galicia, S.A., facendo constar, se fose o caso, o motivo de exclusión, podendo repara-los erros que sexan emendables no prazo de 10 días naturais a partir da dita publicación. Esgotado ese prazo, e no prazo de cinco días naturais a partir desta data, publicarase a lista definitiva de admitidos e excluídos para a selección.

5. Comisión de selección.

5.1 A resolución na que se determine a composición da comisión de selección publicarase, con anterioridade á data sinalada para o primeiro exame, no taboleiro de anuncios da SPI Galicia, S.A., e en todo caso estará composta por cinco membros coa seguinte distribución:

Presidente: 1 director xeral da Consellería de Economía e Facenda.

Secretario: 1 membro do cadro de persoal de SPI Galicia, S.A. non pertencente ó equipo directivo.

Vocais: 1 catedrático ou profesor de universidade.

1 membro dalgún dos colexios profesionais relacionados coa convocatoria.

1 representante sindical.

5.2 Os membros da comisión deberán absterse de intervir, notificándollo ó presidente, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou que se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convovatoria.

O presidente poderá solicitarlles ós membros da comisión de selección declaración expresa de non atoparse incursos nas causas sinaladas de abstención.

Os aspirantes poderán recusa-los membros da comisión de selección cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

5.3. Para a constitución válida da comisión requirirase a presencia do presidente e secretario e a metade, polo menos, dos seus vocais.

5.4. A partir da súa constitución, a comisión, para actuar validamente, requirirá a presencia do presidente e secretario ou, se é o caso, dos seus suplentes, e a metade polo menos dos seus vocais, titulares ou suplentes.

5.5. No concurso-oposición, a comisión resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

5.6. A comisión de selección adoptará aquelas medidas nos casos en que sexa necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos

demais participantes. Neste sentido, estableceranse, para as persoas con minusvalidez que o soliciten, as adaptacións de tempo e medios para a súa realización.

Para tal efecto, a comisión poderá requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral e sanitaria.

5.7. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, a comisión terá a súa sede na praza de Europa, nº 10 A, 5º piso, código postal 15703, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 50 02.

5.8. A comisión, unha vez finalizado o exercicio teórico, (base 3ª do concurso-oposición), publicará no taboleiro de anuncios de SPI Galicia, S.A. tanto a relación de opositores que superaron a dita proba coa expresión da cualificación obtida, como a valoración dos seus méritos académicos e profesionais (bases 1ª e 2ª do concurso-oposición). Publicarase tamén a data, hora e lugar da convocatoria para a realización da proba práctica (base 4ª).

5.9. A comisión non poderá aprobar e declarar que superaron as probas un número superior de aspirantes có de prazas convocadas. O secretario da comisión de selección enviaralle ó presidente da SPI Galicia, S.A. a copia certificada da lista de aprobados, así como a relación de opositores que superaron tódolos exercicios con indicación da puntuación final obtida no seu conxunto dos mesmos.

6. Número de prazas convocadas para cada categoría.

Nº prazas: 2. Categoría: técnicos edificación.

Nº prazas: 1. Categoría: técnico obra civil.

Nº prazas: 1. Categoría: técnico supervisión obra civil.

Nº prazas: 1. Categoría: técnico supervisión edificación I.

Nº prazas: 1. Categoría: técnico supervisión edificación 2.

Nº prazas: 1. Categoría: administrativo.

Nº prazas: 1. Categoría: técnico económico financeiro.

7. Contratación.

Finalizado o proceso selectivo, os que o superasen procederán ó asinamento do contrato laboral fixo, suxeito ó período de proba regulado no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, actuando como órgano de contratación da SPI Galicia, S.A. o seu presidente.

O contrato será subscrito no prazo dun mes desde a data de publicación da relación de aspirantes aprobados, sendo inmediata a súa incorporación ó persoal laboral fixo da SPI Galicia, S.A.

Anexo I: solicitude para participar nas probas.

Anexo II: temario para cada praza.

Anexo III: baremo e relación de méritos.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.

Juan José Novoa Montero

Presidente da Sociedade Pública de Inversións de Galicia, S.A.

ANEXO I

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NAS PROBAS SELECTIVAS PARA O INGRESO NO CADRO DE PERSOAL FIXO DE SPI GALICIA, S.A.

Datos persoais:

Primeiro apelido Segundo apelido

Nome DNI

Enderezo

Localidade Provincia Cód. postal

Teléfono Data de nacemento

Localidade Provincia

Nacionalidade Nº afiliación á Seguridade Social

TITULACIÓN

PRAZA Á QUE OPTA

DECLARACIÓN XURADA:

O abaixo asinante declara baixo xuramento non padecer enfermidade ou defecto físico que lle impida desempeña-las funcións correspondentes ó posto de traballo da praza á que opta, e non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Santiago de Compostela, ... de... de 1998.

Asinado: ...

Nota: xuntar documentación requirida na base 3.1.

Presidente da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

ANEXO II

TEMARIO EXAME DE ADMINISTRATIVO

Tema 1. A Constitución española de 1978: estructura e contido.

Tema 2. As Cortes Xerais. Composición. Atribucións e funcionamento. A elaboración de leis. Os tratados internacionais.

Tema 3. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. O Ministerio Fiscal.

Tema 4. O Goberno e a Administración. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros, secretarios de Estado e subsecretarios. Directores xerais. Órganos de Administración periférica.

Tema 5. A organización territorial do Estado na Constitución. A Administración local: a provincia e o municipio. As comunidades autónomas: A súa constitución, competencias. Os estatutos de autonomía. Administración institucional.

Tema 6. Estatuto de autonomía galego. Organización da Xunta de Galicia.

Tema 7. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: conceptos e clases.

Tema 8. O persoal laboral ó servicio das administracións públicas. Dereitos, deberes, incompatibilidades. O contrato laboral, contido, duración e suspensión. Negociación laboral. Conflicto e convenios colectivos.

Tema 9. O sistema español de Seguridade Social. Réxime xeral: acción protectora. Continxencias cubertas. Concepto e clases de prestacións.

Tema 10. Informática. Concepto. Nocións sobre microordenadores. Sistemas operativos. Elementos físicos.

Tema 11. Informática. Aplicacións de oficina. Tratamento de textos. Follas de cálculo. Bases de datos relacionais. Correo electrónico.

Tema 12. Estatística e probabilidade. Teoría e supostos prácticos.

TEMARIO EXAME PARA TÉCNICO ECONÓMICO-FINANCEIRO

Economía xeral.

Tema 1. A empresa, concepto e organización interna. A función financeira na empresa. Valoración da empresa.

Tema 2. O punto morto na empresa. Apancamento operativo e financeiro. Análise crítica dos criterios clásicos de valoración e selección de investimentos.

Tema 3. O financiamento propio e o custo de capital propio.- O efecto multiplicador do autofinanciamento. A amortización. O efecto expansivo da amortización empresarial. Métodos máis utilizados de amortización de activos.

Tema 4. A planificación financeira da empresa. Métodos. O orzamento de Tesourería.

Tema 5. Valoración das accións dunha empresa. Valoración das obrigas dunha empresa. A ratio prezo-beneficio (PER).

Tema 6. O mercado de opcións financeiras. O mercado de futuros financeiros.

Economía do sector público.

Tema 1. O orzamento, concepto. Principios orzamentarios. Estructura do orzamento de ingresos e gastos.

Tema 2. Modificacións orzamentarias. Execución do orzamento.

Tema 3. Os ingresos públicos: concepto e clasificación.O déficit público. A débeda pública: concepto e clases.

Tema 4. A contratación administrativa. Especial referencia ós contratos de obras. Os contratos de asistencia técnica.

Tema 5. O financiamento das comunidades autónomas en España: formas e fontes de financiamento e desenvolvemento dos instrumentos fiscais e financeiros.

Tema 6. O déficit público: concepto, causas e financiamento do déficit e os seus efectos.

TEMARIO EXAME PARA ARQUITECTOS

A) Tema 1. Disposicións e normas básicas e tecnolóxicas en vigor relacionadas coa edificación. Tipo, contido, aplicación, obrigatoriedade e control.

Tema 2. Características normativas e de deseño fundamentais da construcción en formigón armado e aceiro.

Campo de validez e características específicas. Sistemas constructivos.

Tema 3. Características normativas e de deseño fundamentais, referentes á cimentación dun edificio, á súa construcción e á súa protección respecto da auga freática.

Tema 4. Características fundamentais da normativa, deseño e de construcción; dos cerramentos e tabiquería na edificación; referencia ó cumprimento da normativa básica de edificación.

Tema 5. Características fundamentais da normativa, deseño e construcción das cubertas. Elementos complementarios para a súa protección fronte á auga da chuvia, á neve e ó vento; referencia ó cumprimento da normativa básica de edificación.

Tema 6. Disposicións en materia de proxectos e direccións de obra. Disposicións sobre redacción de proxectos e sobre dirección de obras. O libro de ordes e visitas. O certificado final de obra. Traballos e competencias dos arquitectos. Fases e documentación dos traballos de edificación. Responsabilidade profesional do arquitecto. Intervención dos colexios profesionais de arquitectos: o visado colexial.

B) Tema 1. Contratación de obras. Marco legal. Estudios previos, anteproxectos e proxectos. Pregos de cláusulas administrativas. Tipos de expedientes de contratación e formas de adxudicación. Formalización do contrato. Replanteo.

Tema 2. Execución do contrato de obras. Marco legal. Réxime de relacións co contratista. Modificacións do contrato. Cesión do contrato e subcontratación. Suspensión das obras. Revisión dos prezos. Recepción e liquidación das obras.

Tema 3. Seguridade e saúde nos proxectos e obras de construcción. Marco legal. Estudios, normativa e regulamento. Órganos competentes. Responsabilidades e seguros.

Tema 4. Organización da obra. Técnicas de programación. Sistemas dinámicos e probabilísticos de programación. Determinación das necesidades de materiais, man de obra, maquinaria e medios auxiliares.

Tema 5. Medicións e orzamentos. Cadros de prezos. Criterios de medición. Control xeométrico e cuantitativo das obras. Valoración das obras executadas. A certificación.

Tema 6. Control de execución. Pregos de condicións técnicas. Control de calidade de materiais e execución. Laboratorios de control. Probas finais e recepción.

TEMARIO EXAME PARA ARQUITECTOS TÉCNICOS

A) Tema 1. Disposicións e normas básicas e tecnolóxicas en vigor relacionadas coa edificación, contido, aplicación, obrigatoriedade e control.

Tema 2. Movementos de terras e cimentacións; accións na edificación, normativa vixente, clasificación dos terreos, replanteos, esteamentos e drenaxes, seguimento, control e medidas de seguridade.

Tema 3. Estructuras de aceiro e formigón, consideracións xerais. Tipos, compoñentes básicos e control de calidade destes; a súa execución e control de calidade; protección contra a corrosión, contra incendios e medidas de seguridade.

Tema 4. Sistemas de execución e normativa vixente, referidos a albanelería, cubertas e carpintería de taller; normativa materiales, condicións de execución, control de calidade e medidas de seguridade.

Tema 5. Normativa vixente e sistemas de execución, referidos ós revestimentos de paredes, teitos e solos. Materiais, condicións de execución, control de calidade e medidas de seguridade.

Tema 6. Instalacións na edificación: electricidade, distribución auga fría e quente. Producción de auga quente sanitaria, evacuación e saneamento, calefacción e climatización, gases combustibles, instalacións especiais e protección contra incendios. Normativa vixente. Clasificación e esquemas, condicións de execución, materiais, compoñentes, control de calidade e medidas de seguridade.

B) Tema 1. Contratación de obras. Marco legal. Estudios previos, anteproxectos e proxectos. Pregos de cláusulas administrativas. Tipos de expedientes de contratación e formas de adxudicación. Formalización do contrato. Replanteo.

Tema 2. Execución do contrato de obras. Marco legal. Réxime de relacións co contratista. Modificacións do contrato. Cesión do contrato e subcontratación. Suspensión das obras. Revisión dos prezos. Recepción e liquidación das obras.

Tema 3. Seguridade e saúde nos proxectos e obras de construcción. Marco legal. Estudios, normativa e regulamento. Organos competentes. Responsabilidades e seguros.

Tema 4. Organización da obra. Técnicas de programación. Sistemas dinámicos e probabilísticos de programación. Determinación das necesidades de materiais, man de obra, maquinaria e medios auxiliares.

Tema 5. Medicións e orzamentos. Cadros de prezos. Criterios de medición. Control xeométrico e cuantitativo das obras. Valoración das obras executadas. A certificación.

Tema 6. Control de execución. Pregos de condicións técnicas. Control de calidade de materiais e execución. Laboratorios de control. Probas finais e recepción.

TEMARIO EXAME PARA ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS E AGRÓNOMOS

Tema 1. Estudios e proxectos de estradas e camiños rurais. Clasificación. Normativa, tramitación e aproba

ción. Características xeométricas de camiños e estradas. Obtención dos datos: cartografía. Os métodos modernos de selección de trazado.

Tema 2. Marco legal e institucional para a xestión do medio ambiente en España. Antecedentes, situación e perspectivas. Procedementos administrativos.

Tema 3. Obras de drenaxe: lonxitudinal e transversal. Estudios e recoñecementos. Obras de paso: localizacións, recoñecementos e bases de deseño. Obras normalizadas. Proxectos e construcción. Auscultación e explotación.

Tema 4. Obras de terra. Estudios e recoñecementos. Proxectos e construcción. Sistemas constructivos. Medios auxiliares de execución. Permisos e licencias. Cubicacións. Replanteos. Control de calidade. Normativa vixente.

Tema 5. Os firmes das estradas de nova construcción e as reparacións de camiños. Bases de proxectos. Materiais. Unidades de obra. Métodos de cálculo. Selección. A normativa española de proxectos de construcción. Camiños rurais.

Tema 6. Disposicións en materia de proxectos e dirección de obra. Disposicións sobre redacción de proxectos e dirección de obra. O libro de ordes e visitas. Traballos e competencias da dirección de obra. Responsabilidade profesional da dirección de obra. O papel dos colexios profesionais: O visado.

B) Tema 1. Contratación de obras. Marco legal. Estudios previos, anteproxectos e proxectos. Pregos de cláusulas administrativas. Tipos de expedientes de contratación e formas de adxudicación. Formalización do contrato. Replanteo.

Tema 2. Execución do contrato de obras. Marco legal. Réxime de relacións co contratista. Modificacións do contrato. Cesión do contrato e subcontratación. Suspensión das obras. Revisión dos prezos. Recepción e liquidación das obras.

Tema 3. Seguridade e saúde nos proxectos e obras de construcción. Marco legal. Estudios, normativa e regulamento. Organos competentes. Responsabilidades e seguros.

Tema 4. Organización da obra. Técnicas de programación. Sistemas dinámicos e probabilísticos de programación. Determinación das necesidades de materiais, man de obra, maquinaria e medios auxiliares.

Tema 5. Medicións e orzamentos. Cadros de prezos. Criterios de medición. Control xeométrico e cuantitativo das obras. Valoración das obras executadas. A certificación.

Tema 6. Control de execución. Pregos de condicións técnicas. Control de calidade de materiais e execución. Laboratorios de control. Probas finais e recepción.

ANEXO III

BAREMO E RELACIÓN DE MÉRITOS QUE DEBEN TERSE EN CONTA NA FASE DE CONCURSO (ADMINISTRATIVO)

A comisión de selección valorará o proceso selectivo de acordo co seguiente baremo:

I. Méritos profesionais:

-Experiencia profesional en posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria,: 0,75 puntos/mes, que se acreditará da seguinte forma:

a) Para traballadores por conta allea: mediante certificado de empresa e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia laboral.

b) Para traballadores por conta propia: certificado do colexio profesional respectivo e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia de vida laboral.

Se a dita experiencia se acredita nalgunha Administración pública nun posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria: 1,3 puntos/mes, que se acreditará mediante certificación do servicio de persoal da Administración correspondente.

-Por cada mes acreditado como demandante de emprego: 0,05 puntos/mes. (Máximo 5 puntos).

A puntuación máxima que se pode obter neste epígrafe de méritos profesionais é de 100 puntos.

II. Méritos académicos:

-Titulación académica oficial distinta á esixida na convocatoria:

a) Por cada licenciatura: 15 puntos. Máximo 30 puntos.

b) Por cada diplomatura: 15 puntos. Máximo 15 puntos.

-Título académico oficial de iniciación e perfeccionamento de galego, agás para aquelas prazas para as que sexa requisito mínimo específico. Máximo: 15 puntos.

Título de iniciación: 5 puntos.

Título de perfeccionamento: 10 puntos.

-Expediente académico de la titulación esixida na convocatoria cun máximo de 40 puntos:

a) Por cada matrícula de honor: 2,0 puntos.

b) Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

c) Por cada notable: 1,0 puntos.

III. Examen teórico: 100 puntos.

A proba será tipo test de 100 preguntas, con respostas alternativas. Para a súa corrección teranse en conta as seguintes normas:

-1 punto por cada resposta correcta.

-Descóntanse 0,5 puntos por cada resposta incorrecta.

-As respostas en branco non puntúan.

-As dobres respostas e as que non estean claras considéranse incorrectas.

É necesario acadar un mínimo de 50 puntos para superar este exercicio.

IV. Exame práctico de informática sobre Microsoft Office (Excel, Word): 100 puntos.

% Valoración do concurso de méritos:

Exame: 42%.

Méritos profesionais: 20%.

Méritos académicos: 20%.

Exame práctico de informática: 18%.

V. Non se valorarán as titulacións imprescindibles para a consecución doutras de nivel superior que se aleguen como mérito.

VI. Non se puntuará a titulación obrigatoria para o desempeño do posto de traballo.

BAREMO E RELACIÓN DE MÉRITOS QUE DEBEN TERSE EN CONTA NA FASE DE CONCURSO (TÉCNICO ECONÓMICO-FINANCEIRO)

A comisión de selección valorará o proceso selectivo de acordo co seguinte baremo:

I. Méritos profesionais:

-Experiencia profesional en posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria,: 0,75 puntos/mes, que se acreditará da seguinte forma:

a) Para traballadores por conta allea: mediante certificado de empresa e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia laboral.

b) Para traballadores por conta propia: certificado do colexio profesional respectivo e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia de vida laboral.

Se a dita experiencia se acredita nalgunha Administración pública nun posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria: 1,3 puntos/mes, que se acreditará mediante certificación do servicio de persoal da Administración correspondente.

-Por cada mes acreditado como demandante de emprego: 0,05 puntos/mes. (Máximo 5 puntos).

A puntuación máxima que se pode obter neste epígrafe de méritos profesionais é de 100 puntos.

II. Méritos académicos:

-Titulación académica oficial distinta á esixida na convocatoria:

a) Por cada licenciatura: 15 puntos. Máximo 30 puntos.

b) Por cada diplomatura: 15 puntos. Máximo 15 puntos.

-Título académico oficial de iniciación e perfeccionamento de galego, agás para aquelas prazas para as que sexa requisito mínimo específico. Máximo: 15 puntos.

Título de iniciación: 5 puntos.

Título de perfeccionamento: 10 puntos.

-Expediente académico da titulación esixida na convocatoria cun máximo de 40 puntos:

a) Por cada matrícula de honor: 2,0 puntos.

b) Por cada sobresaliente: 1,5 puntos:

c) Por cada notable: 1,0 puntos.

III. Examen teórico: consistirá en desenvolver dous temas elixidos polo opositor entre dous de cada epígrafe extraídos ó chou do temario deste exercicio:

a) Economía xeral.

b) Economía do sector público.

Os opositores disporán de 30 minutos para desenvolver esquematicamente por escrito ambos temas. A continuación, nun prazo máximo de 30 minutos exporán, apoiándose no esquema previamente elaborado, ambos temas ante o tribunal, que poderá dialogar con eles durante un período de 10 minutos como máximo sobre cuestións relacionadas cos temas desenvolvidos.

O esquema escrito entregaráselle ó tribunal cando finalice a proba.

Cualificarase de 0 a 50 puntos cada un dos temas desenvolvidos.

É necesario acadar un mínimo de 50 puntos para superar este exercicio, sen ter sido cualificado con cero puntos en ningún dos temas expostos.

IV. Exame práctico de informática sobre Microsoft Office (Excel, Word): 100 puntos. É necesario un mínimo de 50 puntos para non quedar eliminado da oposición.

% Valoración do concurso de méritos:

Exame: 42%.

Méritos profesionais: 20%.

Méritos académicos: 20%.

Exame práctico de informática: 18%.

V. Non se valorarán as titulacións imprescindibles para a consecución doutras de nivel superior que se aleguen como mérito.

VI. Non se puntuará a titulación obrigatoria para o desempeño do posto de traballo.

BAREMO E RELACIÓN DE MÉRITOS QUE DEBEN TERSE EN CONTA NA FASE DE CONCURSO (ARQUITECTOS)

A comisión de selección valorará o proceso selectivo de acordo co seguiente baremo:

I. Méritos profesionais:

-Experiencia profesional en posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria,: 0,75 puntos/mes, que se acreditará da seguinte forma:

a) Para traballadores por conta allea: mediante certificado de empresa e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia laboral.

b) Para traballadores por conta propia: certificado do colexio profesional respectivo e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia de vida laboral.

Se a dita experiencia se acredita nalgunha Administración pública nun posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria: 1,3 puntos/mes, que se acreditará mediante certificación do servicio de persoal da Administración correspondente.

-Por cada mes acreditado como demandante de emprego: 0,05 puntos/mes. (Máximo 5 puntos).

A puntuación máxima que se pode obter neste epígrafe de méritos profesionais é de 100 puntos.

II. Méritos académicos:

-Titulación académica oficial distinta á esixida na convocatoria:

a) Por cada licenciatura: 15 puntos. Máximo 30 puntos.

b) Por cada diplomatura: 15 puntos. Máximo 15 puntos.

-Título académico oficial de iniciación e perfeccionamento de galego, agás para aquelas prazas para as que sexa requisito mínimo específico. Máximo: 15 puntos.

Título de iniciación: 5 puntos.

Título de perfeccionamento: 10 puntos.

-Expediente académico da titulación esixida na convocatoria cun máximo de 40 puntos:

a) Por cada matrícula de honor: 2,0 puntos.

b) Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

c) Por cada notable: 1,0 puntos.

III. Exame teórico: consistirá en desenvolver dous temas elixidos polo opositor entre dous de cada epígrafe extraídos ó chou do temario deste exercicio:

a) Sistemas constructivos e normativa de proxectos e obras.

b) Execución do contrato de obras e organización do proceso constructivo.

Os opositores disporán de 30 minutos para desenvolver esquematicamente por escrito ambos temas. A continuación, nun prazo máximo de 30 minutos exporán, apoiándose no esquema previamente elaborado, ambos temas ante o tribunal, que poderá dialogar con eles durante un período de 10 minutos como máximo sobre cuestións relacionadas cos temas desenvolvidos.

O esquema escrito entregaráselle ó tribunal cando finalice a proba.

Cualificarase de 0 a 50 puntos cada un dos temas desenvolvidos.

É necesario acadar un mínimo de 50 puntos para superar este exercicio, sen ter sido cualificado con cero puntos en ningún dos temas expostos.

IV. Exame práctico de informática sobre Microsoft Office (Excel, Word): 100 puntos. É necesario un mínimo de 50 puntos para non quedar eliminado da oposición.

% Valoración do concurso de méritos:

Exame: 42%.

Méritos profesionais: 20%.

Méritos académicos: 20%.

Exame práctico de informática: 18%.

V. Non se valorarán as titulacións imprescindibles para a consecución doutras de nivel superior que se aleguen como mérito.

VI. Non se puntuará a titulación obrigatoria para o desempeño do posto de traballo.

BAREMO E RELACIÓN DE MÉRITOS QUE DEBEN TERSE EN CONTA NA FASE DE CONCURSO (ARQUITECTO TÉCNICO)

A comisión de selección valorará o proceso selectivo de acordo co seguiente baremo:

I. Méritos profesionais:

-Experiencia profesional en posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria: 0,75 puntos/mes, que se acreditará da seguinte forma:

a) Para traballadores por conta allea: mediante certificado de empresa e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia laboral.

b) Para traballadores por conta propia: certificado do colexio profesional respectivo e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia de vida laboral.

Se a dita experiencia se acredita nalgunha Administración pública nun posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria: 1,3 puntos/mes, que se acreditará mediante certificación do servicio de persoal da Administración correspondente.

-Por cada mes acreditado como demandante de emprego: 0,05 puntos/mes. (Máximo 5 puntos).

A puntuación máxima que se pode obter neste epígrafe de méritos profesionais é de 100 puntos.

II. Méritos académicos:

-Titulación académica oficial distinta á esixida na convocatoria:

a) Por cada licenciatura: 15 puntos. Máximo 30 puntos.

b) Por cada diplomatura: 15 puntos. Máximo 15 puntos.

-Título académico oficial de iniciación e perfeccionamento de galego, agás para aquelas prazas para as que sexa requisito mínimo específico. Máximo: 15 puntos.

Título de iniciación: 5 puntos.

Título de perfeccionamento: 10 puntos.

-Expediente académico da titulación esixida na convocatoria cun máximo de 40 puntos:

a) Por cada matrícula de honor: 2,0 puntos.

b) Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

c) Por cada notable: 1,0 puntos.

III. Exame teórico: consistirá en desenvolver dous temas elixidos polo opositor entre dous de cada epígrafe extraídos ó chou do temario deste exercicio:

a) Materiais, normativa e sistemas de execución.

b) Organización de obra, control de calidade e seguridade e saúde.

Os opositores disporán de 30 minutos para desenvolver esquematicamente por escrito ambos temas. A continuación, nun prazo máximo de 30 minutos exporán, apoiándose no esquema previamente elaborado, ambos temas ante o tribunal, que poderá dialogar con eles durante un período de 10 minutos como máximo sobre cuestións relacionadas cos temas desenvolvidos.

O esquema escrito entregaráselle ó tribunal cando finalice a proba.

Cualificarase de 0 a 50 puntos cada un dos temas desenvolvidos.

É necesario acadar un mínimo de 50 puntos para superar este exercicio, sen ter sido cualificado con cero puntos en ningún dos temas expostos.

IV. Exame práctico de informática sobre Microsoft Office (Excel, Word): 100 puntos. É necesario un mínimo de 50 puntos para non quedar eliminado da oposición.

% Valoración do concurso de méritos:

Exame: 42%.

Méritos profesionais: 20%.

Méritos académicos: 20%.

Exame práctico de informática: 18%.

V. Non se valorarán as titulacións imprescindibles para a consecución doutras de nivel superior que se aleguen como mérito.

VI. Non se puntuará a titulación obrigatoria para o desempeño do posto de traballo.

BAREMO E RELACIÓN DE MÉRITOS QUE DEBEN TERSE EN CONTA NA FASE DE CONCURSO (ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS OU AGRÓNOMOS)

A comisión de selección valorará o proceso selectivo de acordo co seguiente baremo:

I. Méritos profesionais:

-Experiencia profesional en posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria,: 0,75 puntos/mes, que se acreditará da seguinte forma:

a) Para traballadores por conta allea: mediante certificado de empresa e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia laboral.

b) Para traballadores por conta propia: certificado do colexio profesional respectivo e certificado da seguridade social acreditativo da súa historia de vida laboral.

Se a dita experiencia se acredita nalgunha Administración pública nun posto de traballo relacionado coa vacante obxecto da convocatoria: 1,3 puntos/mes, que se acreditará mediante certificación do servicio de persoal da Administración correspondente.

-Por cada mes acreditado como demandante de emprego: 0,05 puntos/mes. (Máximo 5 puntos).

A puntuación máxima que se pode obter neste epígrafe de méritos profesionais é de 100 puntos.

II. Méritos académicos:

-Titulación académica oficial distinta á esixida na convocatoria:

a) Por cada licenciatura: 15 puntos. Máximo 30 puntos.

b) Por cada diplomatura: 15 puntos. Máximo 15 puntos.

-Título académico oficial de iniciación e perfeccionamento de galego, agás para aquelas prazas para as que sexa requisito mínimo específico. Máximo: 15 puntos.

Título de iniciación: 5 puntos.

Título de perfeccionamento: 10 puntos.

-Expediente académico da titulación esixida na convocatoria cun máximo de 40 puntos:

a) Por cada matrícula de honor: 2,0 puntos.

b) Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

c) Por cada notable: 1,0 puntos.

III. Exame teórico: consistirá en desenvolver dous temas elixidos polo opositor entre dous de cada apartado extraídos ó chou do temario deste exercicio:

a) Sistemas constructivos e normativa de proxectos e obras.

b) Execución do contrato de obras e organización e control do proceso productivo.