Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/136-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Couto, Coutiño, Santigueiro.

Situación: Parada de Sil.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. Couto-Coutiño, a 20 kV, conductor LA-56, de 106 metros de lonxitude, con orixe no apoio da L.M.T. existente en Peares-Casa do Vento e remate no C.T. aéreo de Couto-Coutiño. L.M.T. aérea ó C.T. de Santigueiro, a 20 kV, con conductor LA-56, de 133 metros de lonxitude, con orixe no apoio da L.M.T. existente Peares-Casa do Vento e remate no C.T. aéreo de Santigueiro. C.T. de 50 kVA de potencia e R/T 20.000/380-220 V. C.T. en Santigueiro, de 50 kVA de potenica e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. no sector.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 23 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4503