Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998 pola que se anuncia o concurso público 3/1998, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de equipos para laboratorio de imaxes médicas e diagnóstico radiolóxico. Rectorado. (Expediente 1008/1998 lotes 1, 2 e 3).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de equipos para o laboratorio de imaxes médicas e diagnóstico radiolóxico. Rectorado.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso

público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas de mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

Lote 1: trece millóns cincocentas mil pesetas (13.500.000).

Lote 2: seis millóns de pesetas (6.000.000).

Lote 3: tres millóns de pesetas (3.000.000).

Garantía provisional:

Lote 1: duascentas setenta mil pesetas (270.000).

Lote 2: cento vinte mil pesetas (120.000).

Lote 3: sesenta mil pesetas (60.000).

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

5144