Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998 pola que se anuncia o concurso público 3/1998, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de moblaxe de laboratorio e campás extractoras para a facultade de ciencias. (Expediente 1009/1998 lotes 1 e 2).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de moblaxe de laboratorio e campás extractoras para Facultade de Ciencias.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas de mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

Lote 1: vinteseis millóns de pesetas (26.000.000).

Lote 2: sete millóns de pesetas (7.000.000).

Garantía provisional:

Lote 1: cincocentas vinte mil pesetas (520.000).

Lote 2: cento corenta mil pesetas (140.000).

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

5549