Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autoriza a implantación de ciclos formativos en centros públicos.

Examinadas as propostas promovidas ó amparo da Orde do 13 de decembro de 1996 (DOG do 13 de xaneiro de 1997), pola que se regula a renovación da oferta de ensinanzas nos centros sostidos con

fondos públicos, de educación secundaria e escolas de arte para o curso 1997-1998, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

RESOLVE:

Autorizar, para o actual curso 1997-1998, a implantación dos seguintes ciclos formativos de formación profesional específica nos centros relacionados no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Ciclos formativos autorizados para o actual

curso 1997-1998

*Provincia: A Coruña.

-Concello: Bergondo

15001033 CECA de Guísamo

Ciclo medio. Explotacións agrícolas intensivas.

-Concello: Boqueixón.

15013254 CECA de Sergude.

Ciclo medio. Explotacións agrarias extensivas.

Ciclo medio. Traballos forestais e de conservación do medio natural.

*Provincia: Lugo.

-Concello: Becerreá.

27000617 CECA Alta Montaña de Becerreá.

Ciclo medio. Traballos forestais e de conservación do medio natural.

-Concello: Lugo.

27006516 IES Nº 1 de Lugo.

Ciclo medio. Obras de albanelería.

Ciclo superior. Educación infantil.

-Concello: Monforte de Lemos.

27007260 CECA de Monforte de Lemos.

Ciclo medio. Explotacións agrícolas extensivas.

*Provincia: Ourense.

-Concello: Ourense.

32015451 IES Nº 1 de Ourense.

Ciclo superior. Administración e Finanzas.

32009025 IES As Lagoas I de Ourense.

Ciclo superior. Educación infantil.

*Provincia: Pontevedra.

-Concello: A Illa de Arousa.

360VIL02 Instituto Galego de Formación Acuícola da Illa de Arousa.

Ciclo medio. Operacións de cultivo acuícola.

Ciclo superior. Producción acuícola.

-Concello: Marín.

36015159 IES Chan do Monte de Marín.

Ciclo medio. Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor.

5403