Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.600

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de maio de 1998 pola que se anuncia a adxudicación de doce bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación para desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades convocadas por Orde do 16 de febreiro de 1998 (DOG número 47, do 10 de marzo).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o 13 de maio de 1998 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, segundo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº47, do 10 de marzo de 1998, e de conformidade co establecido na base terceira da referida orde de convocatoria, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder doce bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, segundo se detallan no anexo á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será a recollida no anexo que se xunta, coa retención fiscal que corresponda.

Terceira.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Política Lingüística

ANEXO

Nome e apelidosProcedenciaEstadíaImporte/mes

Lossik, EkaterinaS. Petesburgo1/6 ó 31/9120.000
Unamuno Plazaola, MarioPaís Vasco17/8 ó 31/1285.000
Rhardisse, AminaRennes1/6 ó 31/12100.000
Agra Burgos, LidiaGranada1/7 ó 31/985.000
Miller, VeraHeidelberg1/8 ó 31/12100.000
Guerbek, EkaterinaS.Petesburgo1/9 ó 31/12120.000
Castellucci, AttilioRoma1/7 ó 31/12100.000
Barrios Rodríguez, XoséBarcelona1/9 ó 31/1285.000
Rodríguez Seoane, María-ElenaSorbonne20/7 ó 20/10100.000
Reyes Corrochano, Mª AsunciónComplutense1/7 ó 31/985.000
Cordulino da Silva, MarileneCeará (Brasil)8/6 ó 30/9120.000
Von Morzé, DunjaTrier1/9 ó 31/12100.000

5272