Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Por providencia da alcaldía do 27 de maio de 1998, dispúxose a seguinte resolución:

1º Estima-las alegacións presentadas en relación ó proxecto de urbanización para o polígono do Peruleiro-Manuel Murgía, en canto que as rasantes non poden modifica-las establecidas no plan especial aprobado en 1989, nin se pode reduci-lo espacio de uso público con accesos privados ós aparcamentos do subsolo.

2º Rectifica-lo proxecto de urbanización nese sentido.

3º Unha vez rectificado, sometelo de novo a información pública, con notificación persoal ós interesados.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se estimen pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de maio de 1998.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

3860