Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998 pola que se anuncia concurso para a subministración por lotes de diverso vestiario para o persoal da policía local.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S98/46.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: vestiario. b) División por lotes e número: Si.2.c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, e no poderá ser superior a tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos, inclúe o IVE.

5. Garantía provisional: ver epígrafe 3 do cadro de características de cada un dos contratos.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Praza de Mª Pita, 1, 2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposcións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración por lotes de diverso vestiario para persoal da policía local.».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

5509