Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/82-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. Budiño-Salceda tramo Salceda-grupo escolar.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 1.677 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o apoio 23 da L.M.T. xeral Budiño-Salceda ata o C.T. existente de Salceda-grupo escolar, na parroquia de Parderrubias, concello de Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4418