Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 12 de xuño de 1998 Páx. 6.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/215-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Alcalde Espiñeira.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 715 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al con orixe na L.M.T. A Castellana-Teixeiro (expediente 27272) a C.T. Campo da Feira e final na mesma liña unha vez que entre a saia no C.T. Espiñeira. C.T. prefabricado manobra exterior de 630 kVA/15 kV e R.B.T. subterránea de 55 m de lonxitude, con conductor R.V. 0,6/1 kV de 4x240 mm Al e R.V. 0,6/1 de 4x150 mm.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4021