Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso do servicio de medidas e instalacións para aforro enerxético nas instalacións eléctricas municipais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 87/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adopción de medidas e a execución das instalacións que se precisen para o aforro enerxético nas instalacións eléctricas de titularidade municipal.

b) Lugar de execución: concello de Verín.

c) Duración do contrato: catro anos prorrogables con carácter anual cunha duración máxima do contrato de seis anos.

3. Tramitación, procedemeto e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: non se establece por razóns das características do obxecto da contratación. En calquera caso, o aforro mínimo anual que se garanta será como mínimo de 12.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 240.000 ptas.

Definitiva: 480.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: Praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o vixésimo sexto día natural (vinteseis días naturais), desde o seguinte ó da publicacion do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións. a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: Pleno do 29-5-1998.

c) Consulta documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 1 de xuño de 1998.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde

5406