Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1998 pola que se publica a contratación da subministración, instalación e mantemento de diversos elementos de mobiliario urbano.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: o Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a subministración, instalación e mantemento de diversos elementos de mobiliario urbano susceptibles de explotación publicitaria, que se situarán nas vías públicas de todo o concello de Pontevedra.

3. Duración do contrato: a duración do contrato será proposta polos licitadores e non poderá exceder de 10 anos.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento de licitación: tendo en conta as características do prego, non se fixa tipo de licitación.

6. Garantías:

a) Provisional: 500.000 ptas.

b) Definitiva: 1.000.000 de ptas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Tfno: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 8ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

9. Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalizacióin do contrato de adxudicación en documento administrativo, de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

Pontevedra, 8 de maio de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

5405