Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/360-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Granxa do Bao.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterráneo, a 20 kV, de 131 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 645 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Uteco ata o apoio 6 da mesma liña, e desde o apoio 3 da liña proxectada alimentando en bucle ós CC.TT. que se proxectan na Granxa do Bao, rematando na liña proxectada, concello de Pontevedra. Dous transformadores de 500 kVA cada un, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 22 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4255