Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Mide-Estación.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV de 415 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 21 da L.M.T. ó C.T. Radio Faro, rematando no C.T. que se proxecta en Mide-Estación, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre
autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 22 de abril de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
4408