Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VIVEIRO

EDICTO (166/1997).

En virtude do presente edicto, faise saber que Jesús Carlos Galán Parada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Viveiro-Lugo, no expediente de suspensión de pagamentos que se segue neste xulgado co número 00166/1997, por auto con data, do 5 de marzo de 1998, declarou a suspensión de pagamentos e insolvencia provisional da sociedade Celpi, S.L., dedicada a carpintería de aluminio en xeral e fabricación de construccións metálicas, caldeireiría e carpintería metálica de ferro e as súas aleacións e preparación e montaxe en obra de todo tipo de construccións metálicas e, ó propio tempo e ó non se reuniren na xunta de acredores que tivo lugar o 26 de maio de 1998 as maiorías esixidas polo artigo 14 da Lei de suspensión de pagamentos, foron convocados os acredores a unha nova xunta xeral que terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, situado na rúa Alonso Pérez, s.n. edificio dos xulgados (Viveiro),

o día dezaseis de xullo ás dez horas, facéndolles saber que poden concorrer persoalmente ou por medio de representante con poder abondo e que deben presenta-lo título xustificativo do seu crédito, requisito sen o que non se admitirán na xunta; particípaselles, así mesmo que tanto o dictame como os demais documentos presentados polos interventores estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, co fin de que poidan obte-las copias ou notas que consideren oportunas.

E para a súa publicación no DOG, e no xornal La Voz de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino o presente edicto en Viveiro o vintenove de maio de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

5129