Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.499

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27),

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento para o día 18 de xuño de 1998, ás 10 horas, realizándose aqueles polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040, Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 13 de xuño de 1998, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040, Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, rexerá o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 25 de maio de 1998.

Rafael Anes Álvarez

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario Xeral do Consello de Universidades

ANEXO

Concurso nº: 1564.Nº sorteo: 35368

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: María Rioboo Almanzor.

Vocal secretario titular: José Ramón Cancelo de la Torre.

Concurso nº: 1565.Nº sorteo: 35369

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: psicobioloxía.

Presidente titular: Miguel Sánchez Turet.

Vocal secretario titular: Fernando Díaz Fernández.

Concurso nº: 1566.Nº sorteo: 35370

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: teoría e historia da educación.

Presidente titular: Pedro Ortega Ruiz.

Vocal secretario titular: Miguel Ángel Santos Rego.

Concurso nº: 1567/68.Nº sorteo: 35371

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica e organización escolar.

Presidente titular: Carlos Rosales López.

Vocal secretario titular: Eduardo José Fuentes Abeledo.

Concurso nº: 1569.Nº sorteo: 35372

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: matemática aplicada.

Presidente titular: Juan Manuel Viaño Rey.

Vocal secretario titular: María Dolores Isabel Lorenzo Cimadevila.

5449