Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.462

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 3 de xuño de 1998 pola que se nomean os vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, crea no seu artigo 28 o Consello Galego de Medio Ambiente como órgano consultivo da Administración ambiental autonómica. Posteriormente por Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establécese a súa regulación onde se sinala a composición deste, determinándose que xunto ós membros natos que se mencionan, serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo terceiro, todos eles con especial vinculación coa protección do medio ambiente.

En aplicación das citadas normas acordouse por Orde do 28 de setembro de 1995, o nomeamento dos vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente en calidade de titulares ou suplentes, os cales deben ser renovados por ter transcorrido o prazo do seu nomeamento previsto no Decreto 155/1995, do 3 de xuño.

Por todo isto, en aplicación do artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, pola que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnanse vocais do Consello Galego do Medio Ambiente por proposta das organizacións respectivas, de acordo co artigo 3 do Decreto 155/1995, as persoas que a continuación se relacionan:

Polas organizacións de defensa medioambiental:

-Xosé Veiras García como titular e Xacobe Meléndrez Fassbender como suplente; ambos en representación da Federación Ecoloxista Galega (FEG).

-Serafín González Prieto como titular e Xusto Calvo Peña como suplente; ambos en representación da Sociedade Galega de Historia Natural.

-Xusto Veloso Moreda como titular e Manuel López Fabello como suplente; ambos en representación de Ridimoas.

-Manuel Soto Castiñeira como titular e Elviera Cienfuegos López como suplente; ambos en representación de ADEGA.-Mª Victoria Rozados Fernández como titular e Gloria Núñez González como suplente; ambas en representación da Sociedade Protectora de Animais e Plantas.

Polos sindicatos:

-Xan Andrés Carballo Rodríguez como titular e Ramiro Oubiña Parracho como suplente; ambos en representación de CIG.

-Hortensia Álvarez Folgar como titular e Francisco Xavier Montero Dongil como suplente; ambos en representación de CC.OO.

-Manuel Barbeitos Alcántara como titular e Manuel Martínez Barreiro como suplente; ambos en representación de UGT.

Polas organizacións de consumidores:

-Nieves Cuéllar Redondo como titular e Begoña Bonet Díez como suplente ; ambas en representación da Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Brétema.

Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

-Marcelino García-Junco Quintana, Francisco Rodríguez García, Alfredo Caruncho Carro como titulares e Fausto Santamarina Fernández, Severino González Álvarez e Francisco Outeiral Viana como suplentes.

Polas universidades de Galicia:

-Esther Fernández Fernández como titular e Juan Ramón Vidal Romaní como suplente; ambos en representación da Universidade da Coruña.

-José Sergio Casas Fernández como titular e José Luís Sánchez López como suplente, ambos en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

-Ana Gago Martínez como titular e José María Fernández Álvarez como suplente; ambos en representación da Universidade de Vigo.

Polos municipios e provincias:

-Santiago Camba Bouzas, Adolfo Gacio Vázquez, Julio Sacristán de Diego, Manuel Rodríguez Doval, como titulares e Antonio Evaristo Muíño Peña, Xosé Ramón Montero Escrigas, Xosé L. Rodríguez Lorenzo, Andrés Feal Varela como suplentes, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Como expertos designados polos órganos autonómicos sectoriais:

-Susana Torres Bravo como titular e José Benito Reza Rodríguez como suplente , pola área ambiental de medio ambiente natural.

-Antonio Fernández Cordeiro como titular e José Romarís Pais como suplente; pola área ambiental de augas marítimas.

-José Manuel Janeiro Caramés como titular e Miguel Fernández Rodríguez como suplente, pola área ambiental de política agraria.

-María Jesús Tallón Nieto como titular e Francisco Castro Allegue como suplente; pola área ambiental do patrimonio histórico.

-Sagrario Pérez Castellanos como titular e Florencio Moreno García como suplente; pola área ambiental de sanidade ambiental.

-José Manuel Taure Menéndez como titular e Agustín Hernández Fernández de Rojas como suplente; pola área ambiental de augas continentais.

-Vicente Ruíz Soldevilla como titular e Hipólito Pérez Novo como suplente; pola área ambiental de ordenación do territorio.

-Natalia Crespo González como titular e Ignacio Garrote Freire como suplente; pola área ambiental de contaminación industrial.

-José Antonio Souto González como titular e Enrique Roca Bordello como suplente, pola área ambiental de protección da atmosfera.

-Julio Gutiérrez Roger como titular e Juan Carlos Yurs Arruga como suplente, pola área ambiental de educación ambiental.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

5133