Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de maio de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada F.P. número 1, a favor de David Places Fontaine.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: F.P. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 31.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data de finalización da última prórroga: 3-12-2006.

Anterior concesionario: Francisco Places Hermo (33.112.399) e Josefa Fontaine Viturro (76.493.380).

Novo titular da concesión e batea: David Places Fontaine (76.778.148).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como

obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 7 de maio de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

4761