Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 5 de maio de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se lles require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó seren devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requíreselles ós abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal, 7-9) para teren coñecemento do

trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 10 días seguintes ó da comparecencia non presentasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 92 da Lei 30/1992, paralizarase o expediente e transcorridos tres meses, producirase a súa caducidade con arquivo das actuacións practicadas.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

SOLICITANTEDNINº EXPEDIENTE

BLANCO DOVAL, Mª DOLORES76.308.124258/I/98
DEL TORO NADAL, JOSÉ29.392.608497/I/98
ECHEVARRÍA VEGA, RAIMUNDO32.788.9502221/I/97
FARALDO VIGO, SEGUNDO VICENTE32.621.087223/I/98
FERNÁNDEZ CEBRIÁN, ANTONIO32.385.628129/I/98
GORGOZO MARTÍNEZ, MARÍA CARMEN32.671.597113/I/98
JIMÉNEZ JIMÉNEZ, ENCARNACIÓN13.736.799124/I/98
LÓPEZ NOUCHE, CARMEN33.178.922210/J/98
NEIRA PEREIRA, ROGELIO33.291.145169/I/98
RÍOS MÉNDEZ, MARÍA32.179.148212/J/98
ROMERO ROMERO, DOLORES76.450.292321/I/98
SUEIRAS SUEIRAS, MIGUEL32.630.8351857/I/97
VÁZQUEZ LADO, LIDIA76.349.085439/I/98

4760