Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 5 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se notifica a Resolución de 23 de marzo de 1998 recaída no expediente sancionador 203/97, por infracción na Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó centro canino Villamor Illán, de acordo co que figura no anexo á presente cédula, a resolución adoptada polo director xeral de Producción Agropecuaria, do 23 de marzo de 1998, no expediente sancionador 203/97, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificante de recepción, esta resultou devolta.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia nº 311-152-115/8, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución non é firme en vía administrativa, polo cal centro canino Villamor Illán poderá interpoñer contra ela recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: 203/97.

Denunciado: Centro Canino Villamor Illán.

DNI:

Enderezo: Rubiás. Lugo.

Infracción cometida: incumprir a normativa vixente para a autorización e rexistro dos establecementos.

Precepto infrinxido: artigo 3 da Lei 1/1993.

Preceptos sancionadores: artigo 21.1º f da Lei 1/993.

Sanción: multa de 75.000 pesetas.

4819