Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores (179/97 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución de expedientes intruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210 do 31 de outubro).

Nº de expediente: 179/97.

Denunciado: José Bemposta Ruel.

Enderezo: Xeneralísimo, 14-Mosteiro, 36637 Meis (Pontevedra).

Nº de expediente: 257/97.

Denunciado: José Ángel Bastos Alonso.

Enderezo: Os Muíños, 4-Santo André de Comesaña, 36213 Vigo.

Nº de expediente: 326/97.

Denunciado: Norsema, S.L.

Dirección: Marqués de Valladares, 14-3º, 36201 Vigo.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir de seguinte ó da publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes no Servicio de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (r/ Said Armesto, 1, Pontevedra) e presentaren ante o citado servicio as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 18 de maio de 1998.

José Enrique Pardo Landrove

Xefe do Servicio de Estradas de Pontevedra

5027