Non sendo posible a notificación a Rosa Lozano Ortega, co último enderezo coñecido en rúa Chantada nº 25 (baixo), 27004 Lugo, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe dun millón cincocentas setenta e unha mil cincocentas corenta e dúas (1.571.542) ptas. en concepto de cobramento indebido de axuda por enfermidade do Fondo de Asistencia Social de Galicia, segundo expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.
A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo do ingreso.
Contra esta resolución poderá interpor, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:
-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.
-Recurso económico-administrativo perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 1998.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos
5025