Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ferrol

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de cubrición da pista polideportiva do colexio público de Esteiro.

b) Prazo de execución: dous meses.

3. Financiamento do contrato: a obra obxecto do contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 19-4311-622.03 do orzamento xeral en vigor.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación do expediente: trámite normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 3, categoría C.

6. Orzamento base de licitación:

Importe total: 23.599.998 ptas.

7. Garantía:

Provisional: 472.000 ptas.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Domicilio: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol 15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de remate de presentación de ofertas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día no que apareza publicado

o último anuncio de licitación, ben no DOG ou no BOP.

b) Documentación que se presentará: a sinalada na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, sito na planta baixa.

1º Entidade: Concello de Ferrol.

2º Domicilio: praza de Armas, s/n.

3º Localidade e código postal: Ferrol 15402.

4º Teléfono: 981 33 67 03.

5º Fax: 981 35 41 22.

10. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Domicilio: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 7 de abril de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

5317