Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998 pola que se anuncia, concurso público por procedemento aberto coa intervención de xurado, de acordo co disposto no artigo 216, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, para a adxudicación da redacción do proxecto da obra que se cita. (Expediente 303/1998).

1. Entidade adxudicadora:

a)Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación

c) Nº do expediente: 303/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico para pavillón estudiantil e outras instalacións de caracter dotacional.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Adxudicación: concurso público con intervención de xurado.

4. Orzamento de licitación: importe máximo 11.450.000 ptas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal 46, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requistos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Datas límite de presentación: corenta e cinco días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: rúa Areal, 46, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión e variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: rúa Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 28 de maio de 1998.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

3503