Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de maio de 1998, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-2-IV/75, conta 211).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non-pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificación que estimen convenientes ó seu dereito.

No caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento para a

posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de maio de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

José A. Barreiro e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75.

Conta: 211.

Polígono de Vite, rúa Alexandre Bóveda, nº 7, 1º C (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.947.069 ptas.

4832