Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998 pola que se declara deserto o concurso público aberto e urxente para a contratación da execución da obra da nova rampla de descarga en Santo Adrián de Cobres. (Clave PO-13-34-97-02).

Por Resolución do 12 de marzo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 54, do 20 de marzo, na que se convocaba o concurso público aberto e urxente para a contratación da obra de referencia, o presidente do ente público Portos de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.3ºg) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e no artigo 9º h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Portos de Galicia, e conforme a proposta de adxudicación formulada de acordo co disposto na cláusula 2.2.6.1.b) do prego de cláusula administrativas particulares do concurso, pola mesa

de contratación, reunida para tal efecto o 13 de abril de 1998,

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso público aberto e urxente, convocado por Resolución do 12 de marzo de 1998, para a contratación da execución da obra de nova rampla de descarga en Santo Adrián de Cobres.

O que en cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se notifica, advertíndose que a presente resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

4792