Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 13 de maio de 1998, da Subdirección Xeral de Réxime Administrativo, pola que se notifica a incoación de expediente disciplinario a Dolores Mercedes García Rubio.

Por resulta-lo seu domicilio descoñecido, por medio da presente cédula notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, acordo do secretario xeral desta consellería do 8-5-1998, polo que se lle incoa expediente disciplinario, pola súa presunta inasistencia ó traballo desde o 9 de xaneiro de 1997 sen ter acreditada xustificación fidedigna legal ou regulamentaria, polo que podería incorrer nunha falta tipificada como moi grave no artigo 125.1º do Estatuto do persoal sanitario non facultativo polo abandono de destino, que se producirá cando se deixe de prestar persoalmente o servicio por máis de tres días sen causa xustificada.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1998.

Enrique Otero Seivane

Subdirector xeral de Réxime Administrativo

4644