Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso de subministración, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para equipamento das residencias asistidas da terceira idade de Oleiros e Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de lavandería para a residencia asistida de Oleiros (lote I) e mobiliario para a residencia asistida de Vigo (lote II).

b) Lugar de entrega: r/ Camiño do Río, 3, Oleiros; r/ Arieiro, s/n, Meixoeiro-Vigo.

c) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

Lote I: vinteseis millóns duascentas sesenta e oito mil pesetas (26.268.000 ptas.).

Lote II: catro millóns catrocentas mil pesetas (4.400.000 ptas.).

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n-Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela; Tel. 981 54 56 77.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2º Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n-2ª planta.

3º Localidade: Santiago de Compostela (15771).

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

4788