Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Sol, sita na rúa Oliva, 14 (galerías-local 7), de Pontevedra.

Visto o expediente instruído por instancia de Manuel Corbal Carballal, na súa calidade de titular da entidade mercantil Viajes Sol, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na rúa Oliva, 14 (galerías-local 7) de Pontevedra, da axencia de viaxes Viajes Sol, do grupo retallista, co código identificativo XG-121, que ten a súa casa central en Pontevedra, na rúa Xeneral Mola, 2, entreplanta.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Sol, sita en Pontevedra, na rúa Xeneral Mola, 2, entreplanta, da que é titular Manuel Corbal Carballal, a apertura dun novo establecemento na rúa Oliva, 14 (galerías-local 7), de Pontevedra, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous

meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

5321