Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición de material mobiliario para a consellería.

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria.

c) Número do expediente: 98/9/1019.

2.Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material mobiliario para a consellería de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que se van entregar: as que se especifican no prego de prescripción técnicas.

c) División por lotes e número: os licitadores ofertarán a un ou máis lotes dos tres .

d) Lugar de entrega: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña.

e) Prazo de entrega: 15 días naturais, contados desde a data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas).

5. Garantías.

Provisional: 2% do lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 57 42.

e) Telefax:(981) 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 7 de xullo de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ( edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 10 de xullo de 1998.

e) Hora:13.30 horas.

9. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Angel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

3479