Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias 183SA/96 e 109SA/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e mais Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976 do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia, na Coruña O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles seran facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña. Trans

corrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 6 de maio de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 183SA/1996.

Denunciado: Gigirey Múgico, Enrique.

DNI: 33.018.421N.

Último enderezo coñecido: Garabal 49, San Caetano, 15703, Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos denunciados: non realiza-la campaña de saneamento gandeiro.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 209.3º en relación co artigo 1 da Orde do 27-4-1994.

Sanción: 100.000 ptas.

Expediente: 109SA/1997.

Denunciado: Pallas Suárez, Jorge.

DNI: 76.365.175.

Último enderezo coñecido: r/ Faro, 42,3º I dereita, 15145 Laracha (A Coruña).

Feitos denunciados: atoparse no mercado de gando de Salgueiriños en Santiago de Compostela, cun xato sen identificar.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: artigo 4.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 15.000 ptas.

5329