Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 037SA/98 e 081SA/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epixootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios múltiples, Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, estimen convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 6 de maio de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 037SA/1998.

Denunciado: Piñeiro Vázquez, Demetrio.

DNI: 34.923.212N.

Último enderezo coñecido: r/ Vila de Cee, nº 20-5º (A Coruña).

Feitos denunciados: transportar gando vivo, sen ter inscrito o vehículo no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: artigo 224 do Regulamento de epizootias en relación co 52.4º do mesmo regulamento e co 12.2º do Decreto 355/1994 e co artigo 5.2º da Orde do 4-4-1997.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 081SA/1998.

Denunciado: Román Vila, Antonio.

DNI: 36.082.473.

Último enderezo coñecido: Casas, 9, Santo André de Comesana, Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: trasportar gando vivo, sen ter inscrito o vehículo no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: artigo 224 do Regulamento de epizootias en relación co 52.4º do mesmo regulamento e co 12.2º do Decreto 355/1994 e co artigo 5.2º da Orde do 4-4-1997.

Sanción: 15.000 ptas.

4723