Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO da Delegación Provincial da Coruña.

Sendo devoltas polo servicio de correos, por diversos motivos, as notificacións efectuadas ás entidades que a continuación se relacionan, nas que se daba traslado do acordo de inicio de caducidade das explotacións mineiras de recursos da sección A) polos motivos establecidos nos artigos 18.2º da Lei 22/1973, de minas, do 21 de xullo, e 31.2º do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería, que determinan que a reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais poderán dar lugar á caducidade da autorización polo organismo que as concedera, e polo motivo establecido no artigo 111 c), segundo parágrafo, do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería, que determina que a expiración dunha autorización dun aproveitamento do que o prazo expirase sen solicita-la prórroga correspondente levará consigo a caducidade da autorización, polo presente

anuncio faise público o contido destas, en parte bastante, para os efectos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Relación que se cita:

Explotación: canteira El Castelo nº 78.

Termo municipal: Betanzos.

Outorgada a: Augusto Lomba Álvarez.

Último domicilio coñecido: r/ Saavedra Meneses, 4-4º Betanzos (A Coruña).

Data de inicio da caducidade: 17-7-1992.

Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.

Explotación: canteira Catalinas nº 84.

Termo municipal: Carral.

Outorgada a: Jesús Montero Suárez.

Último domicilio coñecido: r/ Travesía Fisterra, 4-A Coruña.

Data de inicio da caducidade: 27-7-1992.

Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.

Explotación: canteira Costa Brava nº 86.

Termo municipal: Ferrol.

Outorgada a: Excavaciones Barco, S.A.

Último domicilio coñecido: Polígono Sigalsa, s/n, Rábade (Lugo).

Data de inicio da caducidade: 27-7-1992.

Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.

Explotación: canteira Pedreira nº 93.

Termo municipal: Narón.

Outorgada a: Manuel Arzúa Núñez.

Último domicilio coñecido: Xubia-Narón (A Coruña).

Data de inicio da caducidade: 27-7-1992.

Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.

Explotación: canteira Pedra do Raño nº 122.

Termo municipal: Monfero.

Outorgada a: Pedras Ornamentais Galegas, S.A.

Último domicilio coñecido: r/ Juan Flórez, 36-1º E-A Coruña.

Data de inicio da caducidade: 4-11-1997.

Motivo: reincidencia na falta de presentacións dos preceptivos plans de labores anuais.

Explotación: canteira Brión nº 128.

Termo municipal: Brión.

Outorgada a: Juan Bautista Couto Rendo.

Último domicilio coñecido: r/ Castiñeiriño, 99-Santiago de Compostela (A Coruña).

Data de inicio da caducidade: 4-11-1997.

Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.

Explotación: canteira Fufa nº 81.

Termo municipal: Boimorto e Melide.

Outorgada a: Concepción y Mercedes Mazaira Salgado.

Último domicilio coñecido: Rúa do Vilar, 8-10-2º Santiago de Compostela (A Coruña) e r/ Juan Vigón, 15-3º-Madrid, respectivamente.

Data de inicio da caducidade: 14-11-1997.

Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.

Explotación: canteira Beade nº 121.

Termo municipal: Boiro.

Outorgada a: Giladi, S.L.

Último domicilio coñecido: r/ Principal, 60-1º A-Boiro (A Coruña).

Data de inicio da caducidade: 9-1-1998.

Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.

Explotación: canteira Ponte Pordias nº 42.

Termo municipal: Ordes.

Outorgada a: Canteras de Leira, S.A.

Último domicilio coñecido: Ponte Pordias, s/n Leira-Ordes (A Coruña).

Data de inicio da caducidade: 23-3-1998.

Motivo: expiración da autorización de aproveitamento sen solicita-la prórroga correspondente.

Estas notificacións terán o carácter de proposta de resolución no caso de non presentar alegacións.

Os citados expedientes encóntranse á disposición dos interesados na Delegación Provincial de Industria e Comercio (Sección de Minas), edificio administrativo Monelos, s/n, A Coruña.

O que se publica para que, de acordo co sinalado no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións que estimen pertinentes na súa defensa.

A Coruña, 13 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4671