Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO da Delegación Provincial da Coruña.

Sendo devoltas polo servicio de correos, por diversos motivos, as notificacións efectuadas ás entidades que a continuación se relacionan, nas que se daba traslado das resolucións polas que se acordaba a caducidade das explotacións mineiras de recursos da sección A) polos motivos establecidos nos artigos 18.2º da Lei 22/1973, de minas do 21 de xullo, e 31.2º do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería, que determinan que a reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais poderán dar lugar á caducidade da autorización polo organismo que as concedera, polo presente anuncio faise público o contido destas, en parte bastante, para os efectos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Relación que se cita:

Explotación: canteira El Pindo nº 15.

Termo municipal: Carnota.

Outorgada a: Manuel Quintáns Seoane.

Último domicilio coñecido: r/ Xeral Pardiñas, 5-1º Santiago de Compostela (A Coruña).

Data de caducidade: 8-7-1994.

Explotación: canteira San Rafael nº 55.

Termo municipal: O Pino.

Outorgada a: Contratas, Industrias y Materiales, S.A. (Cimsa).

Último domicilio coñecido: r/ Alférez Provisional, 8-3º Santiago de Compostela (A Coruña).

Data de caducidade: 8-7-1994.

Explotación: canteira Tourís nº 9.

Termo municipal: Arzúa.

Outorgada a: Construcciones Waldo, S.L.

Último domicilio coñecido: r/ Salgueiriños, 15 Santiago de Compostela (A Coruña).

Data de caducidade: 9-1-1998.

Contra as citadas resolucións, caberá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do presente acto.

A Coruña, 13 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4796