Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Santa Margarita.
Situación: Narón.
Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. en seccións de 150, 95 e 50 mm Al: de 1.159 m de lonxitude, con orixe no C.T. O Val e discorrendo polos lugares da Revolta, Carballedas e Penelas. De 1.086 m de lonxitude, con orixe no C.T. Carreira e discorrendo polos lugares da Mata, Borrallada e Fernande. Narón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 11 de maio de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4829