Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.379

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (177/1998-M).

En virtude da resolución do xuíz de instrucción dictada neste día en xuízo de faltas 177/1998-M, sobre lesións, cítase a Carlos Arias Blanco e Germán Arias Blanco, con domicilio en Basilea-Suíza, para que comparezan na sala da audiencia deste xulgado, o día seis de xullo, ás 10.30 horas, mandando convocar para o dito acto o Ministerio Fiscal e cita-las partes e testemuñas facéndolles saber que poden ser asistidos por avogado, co fin de que comparezan no lugar, día e hora expresados, os primeiros coas probas de que intenten valerse e, todos eles, baixo apercibimento de que se deixasen de asistir sen acreditaren xusta causa, poderán ser multados, salvo que residan fóra do termo municipal de Carballo, que en tal suposto e de seren denunciados, poderán dirixir escrito ó xulgado, alegando o que coiden conveniente para a súa defensa e apoderar, na forma que establecen os artigos 281.3º da Lei orgánica do poder xudicial e 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, a persoa que presente no dito

acto as probas de descargo que tivesen.

En Carballo, dezaoito de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5086