Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.379

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade 1497/1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 20 de outubro de 1997 (BOE do 19 de novembro) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de catedrático de universidade.

Área de coñecemento: didáctica da lingua e da literatura.

Praza nº: 1497/1997.

Comisión titular:

Presidente: Antonio Mendoza Fillola, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Vocal secretario: Carlos Rosales López, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Alfredo Ramón Rodríguez López Vázquez, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal 2º: Violeta M. Demonte Barreto, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal 3º: Luis Gastón Elduayen, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Comisión suplente:

Presidente: Luis Miguel Villar Angulo, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal secretario: Vicente Ferreres Pavia, catedrático de universidade. Universidade de Rovira i Virgili.

Vocal 1º: Ramón López Ortega, catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.

Vocal 2º: Jorge Jane Carbo, catedrático de universidade. Universidade de Rovira i Virgili.

Vocal 3º: Manuel Jorba Jorba, catedrático de universidade. Univesidade Autónoma de Barcelona.

4980